InicioOrientalRibadeoBoa recepción da concelleira de Seguridade de Ribadeo dun curso de socorrismo...

Boa recepción da concelleira de Seguridade de Ribadeo dun curso de socorrismo na vila

Publicada o

- Advertisement -

A concelleira de Seguridade, Montse Seijo, valora de xeito positivo a celebración en Ribadeo dun curso de socorrismo. A edil ribadense subliñou que “as persoas interesadas en participar neste curso co que a Xunta formará a 27 socorristas en Ribadeo poden inscribirse desde hoxe ata o 4 de marzo, a través da páxina da Academia Galega de Seguridade Pública”. Para Seijo “esta é moi boa noticia para Ribadeo, debido ao problema dos últimos anos por falla de socorristas”.

A concelleira de Seguridade explicou que “o curso consta dun total de 240 horas, das que 120 corresponden á proba específica de natación. Vaise impartir os fins de semana de abril e maio. O obxectivo é proporcionar a formación mínima que deben reunir os socorristas acuáticos para o seu exercicio profesional na comunidade”.

Montse Seijo indicou que “ademais dunha proba específica de natación, o programa inclúe contido sobre prevención de situacións de risco e vixilancia en instalacións acuáticas e en espazos acuáticos naturais, intervención e rescate, primeiros auxilios e actuación inicial en emerxencias”.

E tivo palabras de agradecemento para a Xunta de Galicia: “nós, dende o Concello, agradecemos á Xunta que Ribadeo sexa un dos seis concellos onde se levará a cabo esta formación específica e convidamos a todos aqueles que estean interesados a que se inscriban canto antes”.

ÚLTIMAS

Denuncian ao condutor dun camión por superar as taxas de alcol permitidas

A Garda Civil denunciou ao condutor dun camión de mercacías perigosas ao superar as...

A Mariña en alerta laranxa por temporal marítimo este mércores

Galicia continuará este mércores baixo a influencia dun temporal marítimo que manterá activada a...

Nove anos de cadea por agredir e reter ilegamente á súa exparella en Xove

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a nove anos e sete meses de prisión...

Formación en Cervo sobre turismo slow para a Mariña

A antiga carboeira do Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos, en Cervo, acolleu hoxe...