InicioOrientalRibadeoO Concello de Ribadeo cualifica de éxito o uso do Percebus e...

O Concello de Ribadeo cualifica de éxito o uso do Percebus e o Xirabus a pasada fin de semana

Para o alcalde Dani Vega “os datos confirman o que estou a dicir, porque máis de 2.000 persoas acudiron no Percebus e no Xirabus a Rinlo e a Santa Cruz”.

Publicada o

- Advertisement -

Máis de 2.000 persoas empregaron o Percebus e o Xirabus. O alcalde, Dani Vega, fai unha valoración moi positiva desta aposta pola seguridade e pola sostibilidade e anuncia que en anos sucesivos estes eventos seguirán a contar con este servizo de transporte público e gratuíto.

O rexedor manifestou: “desde o Concello de Ribadeo cremos que foron un acerto absoluto o Percebus e o Xirabus. Foi unha iniciativa que tivo éxito e que foi razoada e estudada, porque o que queriamos era dotar de seguridade e sostibilidade estas festas tan importantes para o noso concello”.

Para Dani Vega “os datos confirman o que estou a dicir, porque máis de 2.000 persoas acudiron no Percebus e no Xirabus a Rinlo e a Santa Cruz”. O alcalde anunciou que “para os anos seguintes vai seguir existindo este transporte, que foi gratuíto e público”.

Vega subliñou: “nosoutros estamos moi contentos. A mocidade e todas as persoas que empregaron este servizo de transporte así o dixeron. Pensamos que foi unha moi iniciativa e desde o Concello de Ribadeo estamos satisfeitos e seguiremos a prestar este servizo nos eventos que nos consideramos, despois dun estudo rigoroso, que debemos dotar de seguridade. Son festas que nos importan e nos interesan e debemos seguir conservando desde o punto de vista tamén da seguridade”.

ÚLTIMAS

Cervo reforza a coordinación para garantir a seguridade en citas do verán

  O Concello de Cervo acolleu este luns a reunión da Xunta Local de Seguridade,...

O Bal y Gay ofrece este 2026 a súa edición máis ambiciosa consolidando A Mariña como referente da música clásica

A rolda de prensa para a presentación da nova edición do Festival Bal y...

Morre un home nun accidente de tráfico en Trababa por unha saída de vía

Un home de 64 anos faleceu nun accidente de tráfico no municipio lucense de...