InicioOrientalRibadeoVolven as visitas da Asociación de Amizade Ribadeo-Loctudy

Volven as visitas da Asociación de Amizade Ribadeo-Loctudy

Para os visitantes tivo especial atractivo, Seguindo os pasos de Castelao, consistente nun percorrido polos cruceiros e calvarios estudados polo galego na comarca do País Bigouden da que forma parte Loktudi.

Publicada o

- Advertisement -

A Asociación de Amizade Ribadeo-Loctudy realizou a súa primeira visita despois do parón motivado pola pandemia do Covid-19. En total foi un conxunto de 30 persoas da Asociación puideron desprazarse á vila da Bretaña francesa entre os días 30 de xuño e 6 xullo. Xunto co programa de actividades, os e as participantes foron recibidos en casas de familias da localidade bretoa.

Entre outros, o grupo de visitantes puido realizar actividades como música tradicional e iniciación á danza bretoa, actividades de coñecemento da vila como a do quiz (xogo de preguntas e respostas) preparado pola súa asociación de comerciantes; ou a visita á restaurada antiga fábrica de conservas; a lugares próximos, como a cidade de Quimper; ou a lugares máis distantes como a da rexión dos Abers (as súas rías) no Norte do Finisterre e finalmente cea de gala.

Para os visitantes tivo especial atractivo, Seguindo os pasos de Castelao, consistente nun percorrido polos cruceiros e calvarios estudados polo galego na comarca do País Bigouden da que forma parte Loktudi.

Observaron elementos referidos a Ribadeo, como o panel indicador da irmandade entre as dúas localidades, ou o propio barco de pesca que leva o nome de Ribadeo e que pasou na súa viaxe inaugural polo porto ribadense en agosto de 2022.

Por último, realizouse a inauguración da rúa Ribadeo nunha área de expansión urbanística de Loctudi. No acto, a súa Primeira Tenente de Alcalde –por imposibilidade do propio Alcalde- puxo ese feito como proba da súa vontade de manter e profundar nas relacións entre os dous concellos, vontade à que correspondía o Alcalde de Ribadeo, Daniel Vega, a través do comunicado que fixo chegar e que foi lido no acto, mostrando o seu agradecemento pola iniciativa e a súa invitación aos presentes para vir a Ribadeo en 2024.

ÚLTIMAS

Petición de 18 anos de cadea por querer matar o seu padrasto a marteladas en Ribadeo

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este venres o xuízo contra un home acusado...

Interveñen 45 quilos de produtos pesqueiros sen etiquetaxe e documentación comercial en Xove

A Garda Civil interveu 45 quilos de breca, xurelo e sargo que eran transportados...

Operativo nas Catedrais: buscan dúas persoas que poden estar atrapadas nunhas rochas

Os servizos de emerxencias manteñen activo un operativo para buscar a dúas persoas que...

10.000 abonos do Resurrection Fest á venda este xoves 10 de setembro a partir das 12:00

O Resurrection Fest Estrela Galicia saca á venda este xoves, 10 de setembro (a...