InicioOrientalRibadeoVisita ao Centro de Día de Ribadeo por parte do alcalde e...

Visita ao Centro de Día de Ribadeo por parte do alcalde e dos concelleiros de Benestar e Obras

O alcalde, Daniel Vega, explicou que “tamén quixemos coñecer como está realmente o edificio e comprobamos que hai unha vella demanda de investir para conservar ese inmoble".

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde, Dani Vega, e os concelleiros de Benestar Social e Obras, Elena Sierra e Diego Dos Santos, visitaron o centro de día. O Concello investirá para conservar e mellorar esa instalación.

O rexedor contou que “hoxe visitamos o centro de día para analizar qué temos que facer nos vindeiros anos e quixemos analizar tamén toda a actividade que se está a realizar. Comprobamos que se está a facer un traballo perfecto, un bo traballo, por parte das coidadoras e da dirección do centro de día e imos seguir trasladando propostas e impulsando moita actividade”.

Vega explicou que “tamén quixemos coñecer como está realmente o edificio e comprobamos que hai unha vella demanda de investir para conservar ese inmoble. Nestes anos non se fixo nada e o que queremos é reverter esa situación e empezar a investir para conservar e mellorar as instalacións do centro de día, ao que acoden diariamente moitas persoas”.

O alcalde subliñou que “nos traballaremos para ter uns espazos de coidado a persoas en perfectas condicións. Falamos da residencias, pero tamén do noso centro de día, que precisa dunha inversión para coidar ás persoas que alí acoden e para propoñer moita actividade que se fai nesta instalación e que nos como Concello debemos impulsar. Esa é a obriga do Concello ou de calquera administración”.

ÚLTIMAS

O PP ofrece unha suba importante de votos na Mariña segundo os datos do 18F

Galicia é diversa. A nosa terra é un territorio onde nada ten que ver a...

Cervo recupera a panorámica da Atalaia derrubando parte do esqueleto dun edificio

O Concello de Cervo inicia este ano 2024 acadando un obxectivo ambicioso perseguido desde...

A concelleira de Cultura de Foz cre que o PP quere acabar co Entroido

A concelleira de Cultura en Foz, Inés López Couto, manifesta que “os intereses partidistas...

O TS estuda este mércores o recurso da defensa da viaxe de ‘El Pequeño Nicolás” a Ribadeo

O Tribunal Supremo (TS) estudará este mércores o recurso que presentou a defensa de...