InicioOrientalRibadeoFinaliza en Ribadeo a situación de risco da influencia aviaria

Finaliza en Ribadeo a situación de risco da influencia aviaria

O bando da Alcaldía explica: “o pasado 11 de maio, as autoridades acordaron levantar as medidas de restrición sanitaria vixentes desde o pasado 20 de decembro de 2022 en España nas zonas ZER e ZEV".

Publicada o

- Advertisement -

Rematou en Ribadeo a situación de risco da influencia aviaria en aves. O alcalde, Fernando Suárez, así o deu a coñecer a través dun Bando. Nesa comunicación indica que “dende a Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia remitiuse a este concello Comunicación sobre a situación de risco en relación á influenza aviaria en aves solicitando a súa difusión entre todos os veciños e veciñas de Ribadeo”.

No Bando da Alcaldía explícase que “o pasado 11 de maio, as autoridades competentes en sanidade animal das Comunidades Autónomas máis o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) acordaron o levantamento das medidas de restrición sanitaria vixentes desde o pasado 20 de decembro de 2022 en España nas zonas ZER e ZEV. Deste xeito, nos concellos situados en ZEV, deixarán de aplicarse as prohibicións que ata agora estaban en vigor, non adoptándose ningunha medida especial, agás a autorización previa para a celebración de calquera tipo de concentración de aves, por parte das Consellerías do Medio Rural (no caso das aves de curral) ou de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (para o resto das aves)”.

E engade: “non obstante, a diminución do risco da IAAP non implica a ausencia total do mesmo polo que cómpre seguir certas recomendacións. Para calquera dúbida ou aclaración poden contactar coa Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, nos teléfonos 981 544 777 – 881 999 070 ou no correo electrónico mediorural.dxgaia@xunta.gal”.

ÚLTIMAS

Traballadores da recollida de lixo en Viveiro non descartan ir á folga por ver “insultante” a proposta de FCC

  O servizo de recollida de lixo en Viveiro atópase nun momento de tensión. As...

O PP de Foz denuncia o colapso da desembocadura do Ouro na Pampillosa

O Partido Popular de Foz denuncia a situación “moi grave” que presenta na actualidade...

Barreiros acolle o exame COMDIX de competencias dixitais de nivel intermedio

A aula CeMIT de Barreiros acollerá o exame presencial para a obtención da certificación...

Convocada a Xunta Local de Seguridade en Viveiro para coordinar os dispositivos da Carreira CAMOVI e a Semana Santa

O Concello de Viveiro foi escenario esta mañá dunha xuntanza extraordinaria da Xunta Local...