InicioOrientalRibadeoCreado un club de lectura na Biblioteca Municipal El Viejo Pancho de...

Creado un club de lectura na Biblioteca Municipal El Viejo Pancho de Ribadeo

"Os beneficios de participar nesta actividade: fomenta a relación cos libros e a aprendizaxe colectiva e afianza a motivación cara á lectura e á adquisición de coñecementos”, sinalan desde o Concello.

Publicada o

- Advertisement -

A Concellaría de Cultura, a través da Biblioteca Municipal El Viejo Pancho, pon a andar a creación dun Club de Lectura, para promover a animación e o fomento da lectura en Ribadeo. A edil Pilar Otero dixo que “un Club de Lectura é un grupo de persoas que se reúnen periodicamente para poñer en común os libros que, previamente, se leron de maneira individual. Os beneficios de participar nesta actividade son múltiples: fomenta a relación cos libros e a aprendizaxe colectiva e afianza a motivación cara á lectura e á adquisición de coñecementos”.

A concelleira de Cultura explicou que “sendo membros dun Club de Lectura, explóranse xéneros literarios, temáticas e autoras ou autores que por propia iniciativa non sopesariamos. A nivel persoal, promove a empatía e potencia a confianza e a autoestima. Polo xeral, as opinións dos membros do grupo enriquecen moito a impresión inicial que cada un saca lendo en solitario”. Esta actividade está destinada a persoas adultas e unha vez que se conforme o propio club decidirá que días e a que hora se reunirá.

Pilar Otero manifestou a súa firme aposta pola creación deste club “coa pretensión de que este espazo cultural estea aberto a toda a cidadanía e animo a inscribirse e participar nel. As persoas interesadas poden anotarse na Biblioteca Municipal de luns a venres en horario de 9 a 13:00 horas polas mañás e de 17:00 a 20:00 horas polas tardes. A partires do 16 de xuño e ata o 15 de setembro será so en horario de mañá de 9:00 a 14:00 horas.Tamén poden contactar no teléfono 982 12 82 30 ou na dirección de correo electrónico biblioteca@ribadeo.org”.

ÚLTIMAS

Comezan as licitacións para o viaduto de Celeiro e a variante de Viveiro por 40 millóns

O Goberno galego deu luz verde definitiva ao contrato de servizo para o deseño...

Santiago González, tirador de arco: “Hai que lembrar que un arco é unha arma, por iso se debe ter unha licenza para levalo”

  -Vés de gañar o Campionato Galego de Tiro con Arco. Cal é a orixe...

A Xunta recollerá mostras na Mariña para o proyecto Xenoma

A Xunta iniciará o próximo 16 de xuño, martes, a toma de mostras da...

Foz inviste máis de 200.000 euros no campo de fútbol de Malates

O Concello de Foz ten en marcha as obras de renovación do céspede artificial...