InicioOrientalRibadeoAs obras na baixada da praia do Cargadoiro van a bo ritmo...

As obras na baixada da praia do Cargadoiro van a bo ritmo declara o concelleiro Pablo Vizoso

O concelleiro de Economía e Desenvolvemento Local lembrou que “polo perigo que esta situación provocaba vímonos na obriga de prohibir o acceso á praia".

Publicada o

- Advertisement -

As obras de estabilización da baixada á praia do Cargadoiro seguen a bo ritmo, segundo o concelleiro de Economía e Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso. O edil contou que “os traballos de estabilización da baixada á praia do Cargadoiro seguen a bo ritmo desde que foron xa iniciadas hai dúas ou tres semanas”. Vizoso Galdo dixo: “trátase dunha obra moi complexa debido a que resulta necesario recalzar e estabilizar a escaleira de baixada que quedou moi deteriorada despois da arribada de pedras e o derrube do terreo e da base que a sostiña”.

O concelleiro de Economía e Desenvolvemento Local lembrou que “polo perigo que esta situación provocaba vímonos na obriga de prohibir o acceso á praia.  E, dende aquel momento, realizamos xestións coordinadas coa Dirección Xeral de Costas que deron os seus froitos. Dende o Concello asumimos o custe dos proxectos necesarios, ademais doutro tipo de traballos, e por parte do Servizo de Costas asúmese o investimento de máis de 47.000 euros, que é o que custan os traballos de reparación”.

Pablo Vizoso engadiu que “agora estivemos supervisando os traballos cos representantes de Costas e a previsión é a de poder desfrutar de novo desta praia tan querida por moitas e moitos ribadenses cara finais de xuño. Mentres tanto seguimos recomendando a quen se achegue pola zona que o faga con precaución xa que os traballos seguirán realizándose durante as próximas semanas”.

ÚLTIMAS

O presidente da República de Cabo Verde recibe á alcaldesa de Burela no pazo presidencial

O Presidente da República de Cabo Verde, José María Neves, vén de recibir á...

Héitor Picallo: “As Crónicas Compostelanas deron a imaxe negativa de dona Urraca que chegou até hoxe”

-A súa conferencia en Ribadeo vai tratar sobre a figura das raíñas galegas. Nesta...

Finalizan en Ribadeo as Xornadas Profesionais de Corresponsabilidade

Coa presentación este mediodía do Decálogo Local pola Corresponsablidade remataron en Ribadeo as Xornadas...

Nenos e nenas das Escolas Deportivas de Barreiros saíron ao campo acompañando a xogadores do CD Lugo

As nenas e nenos das Escolas Deportivas Municipais de Barreiros foron protagonistas este sábado...