InicioOrientalRibadeoNova sinalización para as partes altas do Río Eo

Nova sinalización para as partes altas do Río Eo

O alcalde, Fernando Suárez, valora esta mellora na sinalización e no balizamento "para que nunca máis se volva producir un accidente, nin na Ría de Ribadeo nin no Río Eo nin en ningún outro lugar”.

Publicada o

- Advertisement -

A empresa Begasa instalará nova sinalización para a navegación nos tendidos eléctricos que cruzan as partes máis altas do río Eo. Trátase de cinco localizacións, tal e como lle suxeriu o Concello no seu día. O alcalde, Fernando Suárez, valora de xeito positivo esta actuación.

O rexedor contou que “hai uns días recibimos unha comunicación da empresa eléctrica Begasa, onde nos informa da colocación de sinalización para a navegación nos tendidos eléctricos que cruzan as partes máis altas do Río Eo, concretamente en cinco posicións, tal e como desde este Concello lles tiñamos suxerido, porque aínda que estaban fóra do noso ámbito territorial si que eramos coñecedores destes perigos potenciais”.

Fernando Suárez dixo: “hai que ter en conta que xa hai meses colocaron estes mesmos dispositivos visuais así como diferente cartelería nos tendidos eléctricos de alta tensión que sobrevoan a desembocadura do Río Grande na Ría de Ribadeo, onde a finais do pasado mes de agosto se producía un accidente mortal desgraciadamente”.

O alcalde explicou que “esta empresa indica que actualmente as súas liñas cumpren as normativas técnicas vixentes, pero que non existe norma algunha que impoña a sinalización de treitos navegables. Con todo, procederon a facelo porque tamén nos consta que foi requirido pola Delegación do Goberno en Galicia”.

Suárez Barcia fixo unha valoración positiva deste comunicación de Begasa: “desde o Concello de Ribadeo queremos valorar positivamente, unha vez mais, esta actuación, tanto das autoridades como das empresas competentes nesta materia para balizar e sinalizar estes perigos. Valoramos moito que esta mellora na sinalización e no balizamento, sexa para que nunca máis se volva producir unha desgraza deste tipo, nin na Ría de Ribadeo, nin no Río Eo, nin en ningún outro lugar”.

ÚLTIMAS

Cervo acolle a III Carreira de Andadura o sábado 11 de xullo

O Concello de Cervo acollerá o vindeiro sábado 11 de xullo a III Carreira...

Viveiro acelera a tramitación do PXOM mentres o PSdeG reclama transparencia nos pasos a dar

O Goberno municipal de Viveiro levará a próxima semana (o mércores 15) a un...

Barreiros aclara a cronoloxía da demolición de seis vivendas en Lóngara

Aos efectos de aclarar a situación procesual e procedimental do Concello de Barreiros no...

Presentan en Viveiro a Banda de Música Xuvenil O Landro

 A Banda de Música O Landro presentou no Concello de Viveiro a súa Banda...