InicioOrientalRibadeoA CEMIT de Ribadeo acollerá un curso presencial de ciberseguridade o 23...

A CEMIT de Ribadeo acollerá un curso presencial de ciberseguridade o 23 de maio

Desde a CEMIT din que son “conscientes do reto que supón para gran parte da poboación o avance da dixitalización" e para iso queren aportar ferramentas para superalas con seguridade.

Publicada o

- Advertisement -

A Aula CeMIT do Concello de Ribadeo acollerá un curso presencial de ciber seguridade. Será o 23 de maio en horario de 11:30 a 13:00 horas.

Desde a Aula CeMIT indican que “para participar é preciso inscribirse. As reservas comezan dende hoxe e poden facerse no teléfono 982120732 ou no correo cemit.ribadeo@xunta.gal. O prazo de inscrición telefónica estará aberto ata o 5 de maio. No correo poderás facer a túa solicitude de reserva ata o último día”.

E explican que “conscientes do reto que supón para gran parte da poboación o avance da dixitalización, queremos que saibas que podes contar con nós para superar as barreiras que atopas no teu día a día e, o máis importante, que o fagas con seguridade. No curso daremos unha visión global sobre a actualidade da dixitalización, veremos os riscos que debes ter en conta ao navegar pola web, e sobre todo, daremos as medidas recomendadas para que o fagas de forma segura”.

ÚLTIMAS

Sargadelos nega responsabilidade nos casos de silicosis e eleva o pulso coa Inspección de Traballo

Sargadelos afirma que "non é certo, nin está comprobado, que os dous casos detectados...

Viveiro convocará un pleno extraordinario para aprobar os Orzamentos 2026

O Concello de Viveiro convocará antes do 31 de decembro un pleno extraordinario para...

A promoción de mercados e o turismo sostible marcan o ano máis dinámico na Mariña

Remata un ano frutífero para o turismo da Mariña. Ao abeiro do Plan de...

‘Vila Nadal’ en Mondoñedo para todos os públicos

O Concello de Mondoñedo presentou hoxe Vila Nadal Mondoñedo, un espazo de lecer pensado para todos os...