InicioOrientalRibadeoRibadeo acolle 1.000 ximnastas nos eventos deportivos previstos para a fin de...

Ribadeo acolle 1.000 ximnastas nos eventos deportivos previstos para a fin de semana

O concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, tivo palabras de agradecemento para a Escola Porta Norte: “porque outro ano máis fan aquí este evento tan importante para o concello de Ribadeo".

Publicada o

- Advertisement -

Os concelleiros de Deportes e Turismo, Jorge Díaz e Pablo Vizozo, subliñaron a repercusión económica que terán en Ribadeo os eventos de ximnasia rítmica que esta vindeira fin de semana reunirán a 1.000 ximnastas na vila. Os torneos foron presentados no Concello nun acto que contou tamén coa presenza da responsable da Escola de Ximnasia Rítmica Porta Norte, Nelly Bouso, e do técnico municipal de Deportes, Iván López.

Nelly Bouso, da Escola de Ximnasia Rítmica Porta Norte, explicou que “esta fin de semana vamos acoller en Ribadeo dous eventos diferentes: o primeiro, que vai ser o sábado, é a primeira fase do campionato provincial escolar clasificatorio para o campionato galego, e máis o de promoción e prebase. É un campionato oficial organizado pola Federación Galega de Ximnasia, no que nós colaboramos. E o domingo, igual que en anos anteriores, volvemos acoller a fase norte da Liga Interescolas”.

Bouso subliñou que “en total, en toda a fin de semana, van pasar polo pavillón de Ribadeo case 1.000 ximnastas. O sábado serán de todos os clubs da provincia de Lugo e o domingo participarán ximnastas tanto de Lugo como de Coruña porque é a fase norte, na que están estas dúas provincias”.

O concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, tivo palabras de agradecemento para a Escola Porta Norte: “darlle as grazas de novo a Nelly e ao seu grupo de monitoras, que é moi grande e teñen unha implicación enorme, porque outro ano máis fan aquí este evento tan importante para o concello de Ribadeo e para a contornada. Desde a Área de Deportes axudamos, como sempre, aportando todo o que podemos, non só para este evento senón tamén durante o resto do ano porque este club de ximnasia rítmica tan importante cremos que debe seguir funcionando”.

E o concelleiro de Turismo, Pablo Vizoso, manifestou: “queremos agradecerlle á Escola de Ximnasia Rítmica Porta Norte, e concretamente a Nelly, a súa implicación na organización deste tipo de torneos, tanto do campionato provincial escolar como do torneo promoción e prebase, que se celebrarán este sábado; e o domingo a fase norte do torneo interescolas. En total vai contar coa participación dunhas 1.000 ximnastas nas nosas instalacións municipais. E tamén hai que salientar a enorme repercusión que este tipo de eventos teñen nunha vila como a de Ribadeo, non só xa no ámbito deportivo, que é evidente, senón tamén no aspecto económico”.

ÚLTIMAS

As queixas pola comida na residencia da Pontenova motivo de reunión do BNG cos usuarios

Ante as queixas xurdidas novamente na vivenda comunitaria de A Pontenova polo servizo de...

ACIAFoz sorteará unha cesta entre os clientes máis cafeteiros de 10 locais focegos

AciaFozCCA sorteará unha cesta entre os clientes máis cafeteiros de 10 locais hostaleiros. Esta...

A Garda Civil investiga a tres persoas por deliti de ameazas e inxurias

A Garda Civil investiga na localidade lucense da Pontenova os tres presuntos autores de...

Burela dá por rematadas as obras de mellora no abastecemento da rúa Lamestra

O Concello de Burela informa do remate das obras de ampliación e mellora da...