InicioOrientalRibadeoRibadeo desenvolve un curso de inserto de foiteiras dentro do plan de...

Ribadeo desenvolve un curso de inserto de foiteiras dentro do plan de formación rural

O Concello de Ribadeo está traballando nas actividades do plan para o segundo trimestre de 2023. “Proximamente publicaremos a relación dos diferentes talleres e obradoiros que se van desenvolver”.

Publicada o

- Advertisement -

Na Escola de Cedofeita desenvolveuse hoxe, en horario de mañá e tarde, un curso de inserto de froiteiras, dentro do Plan de Formación Rural do Concello de Ribadeo.

Ata Cedofeita se desprazaron nesta xornada os concelleiros de Desenvolvemento Local, Igualdade e Medio Ambiente, Pablo Vizoso, Mónica Freire e Jorge Díaz.

O Plan de Formación Rural deu comezo o pasado 11 de febreiro cun curso de elaboración de queixos, ao que seguiron outro de poda de froiteiras, un de mantemento de motoserras, un de elaboración de pan, outro de primeiros auxilios e este de hoxe e inserto de froiteiras.

O Concello de Ribadeo está traballando nas actividades do plan para o segundo trimestre de 2023. “Proximamente publicaremos a relación dos diferentes talleres e obradoiros que se van desenvolver”, indican desde o equipo de goberno.

PUNTO LIMPO MÓBIL

O punto limpo móbil do Concello está ata o 5 de abril a carón da escola de Cedofeita. Esta é a sétima parada deste vehículo, adquirido hai unhas semanas para dar servizos ás parroquias.

Despois de Cedofeita do 5 ao 20 de abril o punto limpo móbil estará nas inmediacións da escola de Covelas; e do 20 de abril ao 4 de maio no teleclube de Arante.

A veciñanza pode depositar no punto limpo móbil residuos domésticos como aceite usado, pilas, aparatos electrónicos pequenos, luminarias, CDs, DVDs, radiografías ou cápsulas de café.

ÚLTIMAS

O Foro Económico de Viveiro trasládase a xaneiro de 2027 pola convocatoria das eleccións xerais

A celebración do Foro Económico de Viveiro, que estaba programada inicialmente para finais deste...

As ANPA trasladan as necesidades dos centros educativos ao Concello de Viveiro

O Concello de Viveiro mantivo este luns unha reunión con representantes das asociacións de...

Apoio á folga do 11N desde a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña anunciou o seu apoio á...

O BNG da Mariña chama a participar na manifestación do 11N en Burela

O Consello Comarcal do BNG na Mariña fai un chamamento á cidadanía para sumarse...