InicioOrientalRibadeoA actuación de Cándido Pazó inaugurou a antiga escola de Cedofeita en...

A actuación de Cándido Pazó inaugurou a antiga escola de Cedofeita en Ribadeo

O alcalde, Fernando Suárez, subliñou que “Cedofeita é unha das parroquias máis dinámicas de Ribadeo. Isto, que na vila se dá por feito, no rural é unha grande virtude".

Publicada o

- Advertisement -

O artista Cándido Pazó foi o encargado de inaugurar a antiga escola de Cedofeita. A concelleira de Cultura, Pilar Otero, contou que “o edificio da antiga escola xa está en pé, froito dun convenio de colaboración entre a Área de Cultura da Deputación de Lugo e o Concello de Ribadeo. Desde agora forma parte da rede de locais municipais e é un espazo renovado que queremos que acolla todos aqueles usos que a veciñanza precise”.

O alcalde, Fernando Suárez, subliñou que “Cedofeita é unha das parroquias máis dinámicas de Ribadeo. Isto, que na vila se dá por feito, no rural é unha grande virtude pois, como todos sabemos, as aldeas e toda a cultura que lle é propia está a sufrir unha crise sen precedentes. Que o rural dispoña de servizos é a condición básica para que a poboación non marche. Falamos de camiños en bo estado, falamos de internet, falamos dunha sanidade e dunha educación públicas de calidade e próximas, falamos de sectores agrícolas e gandeiros con prezos dignos para os seus produtos…”

O rexedor lembrou que “o Concello impulsa actividades para que a xente teña unha ocasión de xuntarse semanalmente e de paso aprender. Esa era a idea de propostas como as de Aquí como de 20, por exemplo, e agora de As parroquias en marcha. E falamos tamén de eventos propiamente culturais”.

Otero Cabarcos sinalou que “a cultura é organizar actividades desde o Concello mais, tamén, e sobre todo, apoiar aquelas que nacen no propio seo da aldea. Un edificio en condicións facilita moito todas as iniciativas que xurdan. O ciclo Cultura nas Parroquias leva anos achegando diferentes actividades a teleclubes e antigas escolas do rural de Ribadeo”.

Xunto á veciñanza de Cedofeita estiveron o alcalde, Fernando Suárez, e as concelleiras e concelleiros de Cultura, Servizos Sociais, Medio Rural, Medio Ambiente e Desenvolvemento Local, Pilar Otero, Mónica Freire, Marcos Villamil, Jorge Díaz e Pablo Vizoso.

ÚLTIMAS

Burela acolle cursos formativos para persoas estranxeiras e a preparación de probas oficiais

Burela acollerá dous cursos formativos dirixidos a persoas estranxeiras, organizados por Ecos do Sur....

ACISA integra hoxe os negocios da Praza de Abastos logo do acordo entre patronal local e Asociación de Praceiros

Acisa integra dende hoxe á Praza de Abastos de Ribadeo, tras a sinatura do...

O comité de empresa de Alcoa reclama unha reunión co Goberno ante a situación do sector do aluminio

O comité de empresa de Alcoa en San Cibrao, en Cervo, pide unha reunión...

Conferencia ‘A cova de San Xoán Vello: novas achegas desde a arqueoloxía’ en Viveiro

Mariña Patrimonio organiza para o vindeiro mércores 22 de abril, ás 20:00 horas, na...