InicioOrientalRibadeoACISA Ribadeo organiza unha xornada sobre ciberseguridade en colaboración coa Garda Civil...

ACISA Ribadeo organiza unha xornada sobre ciberseguridade en colaboración coa Garda Civil da Comandancia de Lugo

O xerente de Acisa, Jesús Pérez, lembrou que “a xornada desenvolverase en dúas sesións. A primeira será ás seis da tarde e estará aberta a toda a cidadanía".

Publicada o

- Advertisement -

A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo organiza unha xornada formativa sobre ciberseguridade, que será impartida por membros da Garda Civil da Comandancia de Lugo. O acto terá lugar o mércores 26 de xaneiro, no salón de actos da antiga casa sindical. Será en dúas quendas, unha para a veciñanza e outra para o empresariado local.

O xerente de Acisa, Jesús Pérez, lembrou que “a xornada desenvolverase en dúas sesións. A primeira será ás seis da tarde e estará aberta a toda a cidadanía. Na mesma abordaranse os principais ciberataques que sofre ou pode sufrir a poboación en xeral e como evitalos. E xa ás oito será a charla para o empresariado. Neste caso a Garda Civil falará dos principais ciberataques empresariais e tamén darán consellos para poder previlos e así evitalos”.

Pérez Prada engadiu que “nos parece moi interesante impartir esta formación tanto a cidadáns como a empresas, xa que os ciberataques son cada vez máis habituais. Sabemos que hai preocupación e por iso quixemos poñer en marcha esta xornada”.

Para a organización desta actividade Acisa conta coa colaboración do Concello de Ribadeo e da Garda Civil. A asociación ribadense agradece “o apoio da Subdelegación do Goberno en Lugo e do cuartel da Garda Civil de Ribadeo para poder levar adiante esta actividade”.

ÚLTIMAS

As queixas pola comida na residencia da Pontenova motivo de reunión do BNG cos usuarios

Ante as queixas xurdidas novamente na vivenda comunitaria de A Pontenova polo servizo de...

ACIAFoz sorteará unha cesta entre os clientes máis cafeteiros de 10 locais focegos

AciaFozCCA sorteará unha cesta entre os clientes máis cafeteiros de 10 locais hostaleiros. Esta...

A Garda Civil investiga a tres persoas por deliti de ameazas e inxurias

A Garda Civil investiga na localidade lucense da Pontenova os tres presuntos autores de...

Burela dá por rematadas as obras de mellora no abastecemento da rúa Lamestra

O Concello de Burela informa do remate das obras de ampliación e mellora da...