InicioOrientalRibadeoRibadeo investirá 120.000 euros para arranxar seis escolas rurais e un teleclube...

Ribadeo investirá 120.000 euros para arranxar seis escolas rurais e un teleclube co apoio da Deputación

O concelleiro de Medio Rural, Marcos Villamil, lembrou que “nestes últimos tempos estivemos actuando en varias delas, pero agora queremos dar un novo paso coa mellora dun novo lote delas nas diferentes parroquias, da costa e do interior".

Publicada o

- Advertisement -

¡O Concello investirá 120.000 euros no arranxo das escolas de Noceda, Remourelle, Vilaosende, Vilaselán, Vilela e Vilaframil e tamén no teleclube de Vilamariz. Para levar a cabo esta importante actuación contará coa colaboración da Deputación de Lugo. Estas obras saíron a licitación no día de hoxe, segundo informou o concelleiro de Medio Rural, Marcos Villamil.

O edil ribadense contou que “neste equilibrio que sempre queremos manter entre a vila a as parroquias, vamos dar un novo paso de impulso a todas as infraestruturas das parroquias, singularmente das Escolas e Teleclubes, na liña do que estivemos facendo nestes últimos anos coa súa modernización e mellora, xa que moitas das súas estruturas están demasiado vellas”.

Villamil lembrou que “nestes últimos tempos estivemos actuando en varias delas, pero agora queremos dar un novo paso coa mellora dun novo lote delas nas diferentes parroquias, da costa e do interior. De aí que, logo de escoitar ás diferentes asociacións de veciñ@s os técnicos municipais realizaron os proxectos técnicos oportunos. Nalgúns casos hai que mellorar as carpinterías de exteriores, noutros hai que pintar as fachadas, noutros hai que amañar por dentro e por fóra, noutros hai que eliminar as goteiras, noutros temos que meter mobiliario e nalgúns temos que meter todo isto”.

O concelleiro de Medio Rural subliñou que “para esta acción tan importante, contamos coa axuda inestimable da Deputación de Lugo que nos axuda a través dun convenio extraordinario de colaboración para sufragar unha parte moi importante destes 120.000 euros, que vai custar modernizar e amañar as Escolas de Noceda, Remourelle, Vilaosende, Vilaselán, Vilela e Vilaframil e tamén no teleclub de Vilamariz”.

Villamil engadiu que “no día de hoxe, acabamos de publicar na Plataforma de Contratos do Sector Público a licitación destas obras, que ascenden a 120.000 euros e contan cun prazo de execución de 4 meses. Así que agora, as empresas cualificadas para executalas teñen acceso a toda a documentación nesta web ou na do propio Concello de Ribadeo. E contan cun prazo de presentación de ofertas de 20 días naturais”.

O edil nacionalista adiantou que “nas próximas datas, coa aprobación dos novos orzamentos, daremos outro impulso ao resto de locais que nos quedan, porque queremos ter espazos públicos municipais onde sexa agradable que a nosa veciñanza poida estar para así seguir ofréndolles servizos e actividades sociais, culturais, deportivas, etc”.

ÚLTIMAS

O PP ofrece unha suba importante de votos na Mariña segundo os datos do 18F

Galicia é diversa. A nosa terra é un territorio onde nada ten que ver a...

Cervo recupera a panorámica da Atalaia derrubando parte do esqueleto dun edificio

O Concello de Cervo inicia este ano 2024 acadando un obxectivo ambicioso perseguido desde...

A concelleira de Cultura de Foz cre que o PP quere acabar co Entroido

A concelleira de Cultura en Foz, Inés López Couto, manifesta que “os intereses partidistas...

O TS estuda este mércores o recurso da defensa da viaxe de ‘El Pequeño Nicolás” a Ribadeo

O Tribunal Supremo (TS) estudará este mércores o recurso que presentou a defensa de...