IniciosociedadeA campaña "Dálle unha volta ao Nadal" de Ribadeo recolle unha grande...

A campaña “Dálle unha volta ao Nadal” de Ribadeo recolle unha grande variedade de xoguetes para repartir este Nadal

A concelleira de Servizos Sociais, Mónica Freire, engadiu que “tamén contamos coa colaboración da Anpa do Ceip Gregorio Sanz, que nos fixo chegar xogos e outros agasallos. Agradecemos tamén o seu xesto”.

Publicada o

- Advertisement -

A concelleira de Servizos Sociais, Mónica Freire, agradece a resposta da veciñanza para que todas as nenas e os nenos de Ribadeo reciban agasallos este Nadal.

A edil ribadense fai un balance positivo da campaña de recollida de xoguetes Dálle unha volta ao Nadal: “agradecemos enormemente a colaboración e implicación da veciñanza nesta campaña”.

Mónica Freire subliñou que “as familias que o precisen, poden pasar en horario de mañá polo auditorio, polo departamento de Servizos Sociais, para recoller os xoguetes para a visita do Apalpador e do Reis Magos”.

A concelleira de Servizos Sociais engadiu que “tamén contamos coa colaboración da Anpa do Ceip Gregorio Sanz, que nos fixo chegar xogos e outros agasallos. Agradecemos tamén o seu xesto”.

A nova edición da campaña Dálle unha volta ao Nadal arrincou a finais de novembro e rematou o pasado 13 de decembro: “data desde a que procedemos a organizar todo o material recibido para que agora as familias poidan achegarse ata os Servizos Sociais e así elixir o que precisan para as súas crianzas”.

Os concelleiros de Servizos Sociais e Deportes, Mónica Freire e Jorge Díaz, achegáronse ata o auditorio para revisar todo o material entregado.

ÚLTIMAS

Sargadelos nega responsabilidade nos casos de silicosis e eleva o pulso coa Inspección de Traballo

Sargadelos afirma que "non é certo, nin está comprobado, que os dous casos detectados...

Viveiro convocará un pleno extraordinario para aprobar os Orzamentos 2026

O Concello de Viveiro convocará antes do 31 de decembro un pleno extraordinario para...

A promoción de mercados e o turismo sostible marcan o ano máis dinámico na Mariña

Remata un ano frutífero para o turismo da Mariña. Ao abeiro do Plan de...

‘Vila Nadal’ en Mondoñedo para todos os públicos

O Concello de Mondoñedo presentou hoxe Vila Nadal Mondoñedo, un espazo de lecer pensado para todos os...