InicioOrientalBarreiros'Barreiros queda en ti', un novo programa de visitas guiadas por diferentes...

‘Barreiros queda en ti’, un novo programa de visitas guiadas por diferentes localizacións do concello

Finalmente, achegarémonos ao Santo Estevo do Ermo para vivir unha inmersión na natureza, e retroceder milleiros de anos somerxéndonos na súa historia, patrimonio material e inmaterial e nas orixes dalgunhas das especies que aquí atopamos. Estará guiada pola técnica de turismo municipal.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Barreiros oferta este verán un programa de visitas guiadas en diferentes localizacións do municipio. A través dos mesmos quérese mostrar a riqueza ambiental e cultural do territorio máis alá das súas recoñecidas praias a miúdo asociadas unicamente a un espazo de ocio e de innegable beleza paisaxística.

Así, dende a área de turismo, pretenden facer fincapé en espazos puntuais de costa e interior ricos en patrimonio cultural e natural. O obxectivo é cambiar as gafas coas que se visitan e se goza destes lugares. Descubrir a súa orixe para aprender a valoralos e preservalos. Poñer atención nos pequenos detalles para converter en algo extraordinario aquilo que, en aparencia, nos resulta simple. Serán un total de dez visitas guiadas que terán lugar ao longo dos meses de xullo e agosto.

Por unha banda, os alumnos e monitora do obradoiro de emprego Territorio Vivo amosarannos O Fráxil Fogar da Píllara das Dunas na contorna do sistema dunar de Altar. Será unha visita participativa dirixida a tódolos públicos, mesmo para os máis pequenos, na que se tocarán temas como os valores ambientais da ría de Foz-Masma, a formación e biodiversidade deste sistema dunar e da praia, e ademais falarase dunha ave especialmente ameazada que precisa da nosa colaboración para a súa supervivencia.

Por outro lado, da man do xeólogo Francisco Canosa percorreremos unha parte do litoral de Barreiros e descubriremos, de maneira didáctica e accesible a tódolos públicos, as orixes das rochas que pisamos e que enmarcan as nosas praias. Un paseo entre furnas, pregues, intrusións de rochas magmáticas e mesmo restos fósiles que non nos deixará indiferentes.

Finalmente, achegarémonos ao Santo Estevo do Ermo para vivir unha inmersión na natureza, e retroceder milleiros de anos somerxéndonos na súa historia, patrimonio material e inmaterial e nas orixes dalgunhas das especies que aquí atopamos. Estará guiada pola técnica de turismo municipal.

Todas as rutas son gratuítas. As persoas interesadas poden consultar toda a información e inscribirse na recentemente estreada páxina web de turismo municipal www.barreirosturismo.gal (sección ”Non te perdas”). Para resolver dúbidas poden contactar coa Oficina de Turismo municipal, teléfono 982 134 400.

Dende o Concello agardan seguir dando pasos para ampliar a imaxe turística de Barreiros e poñer así en valor o patrimonio que, ás veces, semella estar agochado e que, sen embargo, se atopa moi presente entre todas e todos nós.

ÚLTIMAS

Fran Cajoto: “O PXOM aprobouse despois de esperar seis anos polos permisos de Augas de Galicia”

-Por que se tardou tanto en aprobar o PXOM de Foz? Houbo un cambio de...

Adolfo Corral: ‘O SERGAS di que a asistencia sanitaria na Mariña está garantida, nós dicimos que non é certo’

-Ademais do persoal que traballa no centro hospitalario de Burela, ás concentracións acoden tamén...

Foz celebra a Festa do Berberecho o sábado 26 de abril

O próximo sábado, día 26 de abril chega de novo a Festa do Berberecho...

Xebra! celebrará a presentación do libro ‘Diário comboio’ de Raquel Miragaia

O centro social Xebra! acolle este venres 25 de abril a presentación de 'Diário...