InicioM.ambiente e PatrimonioA illa Pancha e a praia de Areolonga reciben bandeiras negras por...

A illa Pancha e a praia de Areolonga reciben bandeiras negras por contaminación e mala xestión ambiental

A entidade ecoloxista sitúa estes dous puntos da provincia de Lugo no seu informe Bandeiras Negras 2022 Galiza.

Publicada o

Un ano máis, tras unha análise do litoral galego, Ecoloxistas en Acción presentou o informe Bandeiras Negras 2022 Galiza. Trátase dun estudo que recompila as 6 bandeiras que a organización ecoloxista outorga a puntos concretos do litoral español para denunciar por cada provincia un caso de contaminación e outro de mala xestión ambiental. Na provincia de Pontevedra, a Bandeira Negra por mala xestión recaeu sobre o goberno do concello de Vigo pola xestión ecoloxicamente pouco respectuosa das praias no municipio. “A limpeza mecanizada das praias de forma exhaustiva, sen aplicar criterios xeomorfológicos e ambientais de xestión. realizada sistematicamente polo  Concello de Vigo non só reduce a biodiversidade costeira, tamén altera os perfís de praia e provoca unha perda de sedimentos”, denuncia a entidade ecoloxista nun comunicado. En todo caso, puntualiza que, aínda que a bandeira negra outórgase ao concello de Vigo, poderíase facer extensiva a todo o litoral pontevedrés. Por iso, Ecoloxistas en Acción realizou un Manual para a limpeza ecolóxica de praias que foi entregado a todos os concellos costeiros da provincia. A outra bandeira asignada a provincia de Pontevedra, a Bandeira Negra por contaminación, otorgouse ao Estuario da Foz, no concello de Nigrán. Esta zona produtora de moluscos e lugar de importancia comunitaria no marco da Rede Natura 2000 atópase gravemente degradada debido á contaminación achegada polo río Miñor, con cargas fecais superiores ás normativas permitidas causadas por unha estación depuradora (EDAR) deficiente e verteduras incontrolados ao longo do río. Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Fran Cajoto: “O que non di publicamente a Xerencia é que as Urxencias en Foz dependerán da voluntariedade dos médicos”

  -Cales son as últimas novidades que teñen en Foz sobre o horario de atención...

A ‘Oca Inmigrante’ en Burela promove a convivencia e inclusión entre alumnado de primaria

  O Concello de Burela, a través da súa área de Inmigración, desenvolveu estes días...

O alcalde de Foz pide “por escrito” garantías de que o centro de saúde non pechará os sábados pola mañá

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, mantén a súa preocupación pola situación na que...