IniciosociedadeOs arquivos municipais de Ribadeo e Barreiros xa están dixitalizados

Os arquivos municipais de Ribadeo e Barreiros xa están dixitalizados

O labor estano facendo os alumnos do obradoiro de emprego Vencellos da Memoria, que ten por obxectivo ofrecerlle aos participandes a posibilidade de formarse a adquirir experiencia laboral.

Publicada o

- Advertisement -

Os 16 alumnos e alumnas que participan no obradoiro de emprego Vencellos da Memoria están a traballar na organización e dixitalización dos fondos documentais dos concellos de Ribadeo e Barreiros. Durante unha visita a este último -acompañado pola alcaldesa, Ana Ermida, entre outros-, o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, tivo a oportunidade de coñecer algúns dos proxectos levados a cabo nos últimos meses.

Arias sinalou a importancia de “garantir a conservación do patrimonio documental que recolle a intrahistoria do municipio, e facilitar o acceso dos veciños e veciñas aos documentos administrativos de maior consulta”. Esta iniciativa entra na súa recta final xa que está previsto que remate no mes de setembro.

Neste sentido, Arias lembrou que terá continuidade nun novo obradoiro de características similares -denominado Territorio Vivo-, que tamén compartirán ambos concellos e igualmente dirixido a menores de 30 anos, co obxectivo de xerar novas oportunidades laborais para outros 16 mozos e mozas. Neste caso, xunto coa especialidade de Grabación e tratamento de datos, impartirase a de Interpretación e educación medioambiental.

Os obradoiros de emprego ofrecen aos participantes a posibilidade de formarse e adquirir experiencia profesional, mediante un contrato de traballo, en profesións de boas perspectivas de empregabilidade; ao mesmo tempo, desenvolven obras e servizos en beneficio dos municipios que os promoven.

ÚLTIMAS

Ramiro Fernández: “Burela é un punto privilexiado para a observación ornitolóxica”

+ -Por que Burela decidiu apostar por novas vías turísticas na vila como, por exemplo,...

Trabada inicia as obras do circuíto pump track no seu complexo deportivo

O Concello de Trabada vén de iniciar esta semana as obras de construción dun...

O Concello de Foz anuncia aglomerado no vial das Torres esta semana

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, explica que o novo vial das Torres vaise...

‘Os Bolechas no Ribadeo Indiano’ abre a participación dos máis pequenos nesta celebración

Os Bolechas no Ribadeo Indiano é o título do libro presentado esta tarde no...