InicioOrientalBarreirosPipper, o can influencer, gozará da praia de Punta Corveira

Pipper, o can influencer, gozará da praia de Punta Corveira

Publicada o

- Advertisement -

Pipper, o can infuencer máis popular de España, que se fixo coñecido ao converterse no primeiro can turista que dá a volta a España para promover a integración das mascotas en transportes, hostalaría, atraccións turísticas etc. visita estes días A Ribeira Sacra, Allariz e Barreiros. Neles explora que poden facer as familias que viaxan con mascota para contarllo aos 100.000 seguidores que ten en www.pipperontour.com e nas súas redes sociais.

Na Ribeira Sacra xa visitou as bodegas que adminten turistas con mascotas educadas, recorreu varios templos e entrou no Ecomuseo de Arxeriz. Tamén foi a varios restaruantes que aceptan cans de compañía.

Ata mañá estará en Allariz para protagonizar unha reportaxe promocional dirixido a turistas con mascotas e o mércores e o xoves disfrutará dunha das praias caninas que hai na Mariña, Punta Corveira, en Barreiros. Pipper xa visitou Galicia fai tres anos cando foi ás Rías Baixas, Santiago de Compostela e á Costa da Morte.

Dende o 2018 este popular can recorreu cerca de 50.000 kilómetros promocionado o turismo con mascotas en todas as comunidades autónomas xunto co seu dono, o xornalista Pablo Muñoz Gabilondo. Entre as función de Pipper figura a divulgación das nomas de acceso de mascotas na hostalaría, xa que moitos hosteleiros descoñecen que a decisión de aceptar a mascotas lles corresponde a eles. Tamén avalía as dificultades que teñen as persoas con mascotas no seu día a día e cóntao no seu blog.

ÚLTIMAS

Detido en Ribadeo o presunto autor dun roubo con forza na casa dun familiar

A Garda Civil detivo na localidade lucense de Ribadeo un veciño de Trabada, de...

A Carreira de Reis en Barreiros recadou 600€ para a asociación Saúde Mental A Mariña

A Carreira solidaria de Reis, organizada polo Concello de Barreiros, logra recadar 667 euros...

Balance positivo de ACISA da XIV Festa do Comercio en Ribadeo

Acisa fai un balance moi positivo da XIV Festa do Comercio, que reuniu o...

O 2 de marzo partirá de Ribadeo a IV Edición da Peregrinación ‘O Camiño do Mar Concello a Concello’

O vindeiro 2 de marzo partirá de Ribadeo a cuarta edición da peregrinación O...