InicioPolíticaO BNG recollerá nun escrito "o malestar" pola "perda de calidade de...

O BNG recollerá nun escrito “o malestar” pola “perda de calidade de vida” en Barreiros

Os nacionalistas entrevistáronse con moradores temporais e residentes habituais, que se queixaron "da degradación e falta de servizos" no municipio

Publicada o

- Advertisement -

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) de Barreiros presentará a vindeira semana un escrito asinado por persoas que teñen a súa segunda residencia no municipio e tamén por residentes habituais da zona costeira, no que se “constata un malestar xeralizado pola situación do concello, cunha constante degradación e unha falta de investimentos e servizos que non está acorde cos impostos que se pagan”.

A voceira do BNG barreirense, Ana Ermida, asegura que “que ao longo destes anos estase a comprobar unha contínua degradación na calidade de vida das persoas que moran en Barreiros, permanente ou temporalmente, que é socialmente recoñecida e que se nos ten trasladado, especialmente nos últimos meses, en numerosas ocasións”.

O grupo municipal nacionalista sinala que realizou asembleas polas parroquias con persoas afectadas e este xoves recabou queixas para presentar un escrito no consistorio a vindeira semana, a fin de pedir explicacións ao respecto por parte do goberno local.

O BNG barreirense explica que, “como exercicio da representación veciñal que ostentamos na corporación, entendemos que forma parte da mesma dar sustento ás reclamacións, queixas e propostas que poidan realizar as persoas que viven en Barreiros e mesmo, tendo en conta a composición social deste concello, as daquelas que se teñen convertido en moradoras temporais, contribuíndo en certo xeito ás arcas públicas municipais”.

“NIN A ZONA DE PRAIA ESTÁ ATENDIDA”

Ermida lamenta o estado do litoral e sinala que o Concello “xa non se preocupa” de facer do municipio un referente turístico. “A realidade é que xa nin a zona de praia está ben atendida. O que está pasando cos paseos marítimos, coas praias ou coa perda das Bandeiras Azuis é unha mostra de que se deixou de traballar ata nese fomento turístico no que ata hai uns anos se apostaba todo”, expón.

ÚLTIMAS

Expomar converte Burela en referente do mundo da pesca

A Fundación Expomar organizou esta semana en Burela as súas 33ª Xornadas Técnicas e...

Os retos da pesca analizados en Burela nas XXXIII Xornadas Técnicas de Expomar

O XXVII Encontro Empresarial e as XXXIII Xornadas Técnicas de Expomar celébranse este mércores...

Trabada busca financiamento para reparar a zona dos vestiarios do pavillón afectada polo incendio

O Concello de Trabada continúa traballando na recuperación da zona dos vestiarios do pavillón...

Alarma en Foz por unha liorta con armas brancas

A localidade de Foz viviu momentos de gran tensión a media tarde deste martes,...