IniciosociedadeBarreiros coloca pictogramas orientativos para discapacitados

Barreiros coloca pictogramas orientativos para discapacitados

Instalacións como o ximnasio ou o centro social contará con estes apoios visuais

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Barreiros colocou uns pictogramas en varias dependencias municipais -o ximnasio ou o centro social- para facilitar o acceso a persoas con diversidade funcional. Trátase de apoios visuais que se instalaron en colaboración coa Fundación Edes.

O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente Parga, explicou que “estes pictogramas lembran como debemos ducharnos, lavar as mans ou vestirnos. Algo que nos parece a todo o mundo tan sinxelo, para algunhas persoas ten moita dificultade e estes pictogramas poden axudarlles moito. A todo o mundo nos vén ben recordas estas normas”, resaltou.

Con estes apoios visuais preténdese dar un paso cara á accesibilidade cognitiva e a igualdade de oportunidades das persoas. Tamén favorece a comprensión dos entornos á poboación en xeral xa que as claves visuais facilitan e reforzan as mensaxes a todas as persoas.

FUNDACIÓN EDES

A Fundación Edes, fundada no 1999, é unha entidade integrada por persoas con discapacidade psíquica e intelectual, familias, profesionais e voluntarios que se unen para contribuír a que os discapacitados melloren a súa calidade de vida. O colectivo centra o seu traballo na Mariña Lucense e no noroccidente asturiano.

ÚLTIMAS

Ampla oferta da UNED de Viveiro para o curso 2026/2027 con formación adaptada a varias etapas vitais

A Aula Universitaria da UNED en Viveiro encara o inicio do novo curso académico...

A Academia Xacobea incorpora a John Rutherford e Manuel Valín, ambos moi vinculados a Ribadeo e á Mariña

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou este domingo na sesión da...

Cortes na estrada de Xove ao Portiño de Morás por obras do 13 ao 16 de outubro

A Deputación de Lugo informou de cortes na LU-P-2601 desde o martes 13 de...