InicioOrientalBarreirosBarreiros colabora cos clubs de fútbol locais para o mantemento dos seus...

Barreiros colabora cos clubs de fútbol locais para o mantemento dos seus campos de xogo

A alcaldesa Ana Ermida destacou que "seguimos colaborando co tecido asociativo, neste caso cos dous clubs de fútbol que realizan un gran esforzo para manter en condicións os terreos de xogo"

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Barreiros adquiriu dous robots cortacéspedes de última xeración, coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, que puxo a disposición dos clubs locais, Celta Barreiros e Iberia, a través dun convenio de colaboración. Unha iniciativa moi demandada polos clubs e que suporá unha mellora significativa para ambas entidades e para todas as actividades que se desenvolven nas súas instalacións ao longo do ano.

Estas instalacións son utilizadas, ademais das actividades federativas de cada club, como sedes de distintos eventos en colaboración co Concello de Barreiros: probas de deporte escolar, adestramentos das escolas deportivas municipais, o Campus Celta de Vigo e o Festival Folclórico Internacional do Emigrante, entre outras.

A alcaldesa Ana Ermida destacou que “seguimos colaborando co tecido asociativo, neste caso cos dous clubs de fútbol que realizan un gran esforzo para manter en condicións os terreos de xogo”. Pola súa banda, o concelleiro de dinamización e deputado provincial, Dani García, apuntou que “esta colaboración é o reflexo da boa sintonía e comunicación coas entidades locais, que fan un gran traballo diario no mantemento das instalacións”.

ÚLTIMAS

Petición de 18 anos de cadea por querer matar o seu padrasto a marteladas en Ribadeo

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este venres o xuízo contra un home acusado...

Interveñen 45 quilos de produtos pesqueiros sen etiquetaxe e documentación comercial en Xove

A Garda Civil interveu 45 quilos de breca, xurelo e sargo que eran transportados...

Operativo nas Catedrais: buscan dúas persoas que poden estar atrapadas nunhas rochas

Os servizos de emerxencias manteñen activo un operativo para buscar a dúas persoas que...

10.000 abonos do Resurrection Fest á venda este xoves 10 de setembro a partir das 12:00

O Resurrection Fest Estrela Galicia saca á venda este xoves, 10 de setembro (a...