InicioOrientalBarreiros'A Voltas cos Contos' encherá de actividades este verán en Barreiros

‘A Voltas cos Contos’ encherá de actividades este verán en Barreiros

A primeira das citas terá lugar este domingo, 12 de xullo, ás 20:30 horas, no local social de Cabarcos, coa actuación de Iventi Teatro e o espectáculo "Marcho que teño que marchar".

Publicada o

- Advertisement -

A programación cultural A Voltas cos Contos regresa un ano máis para encher de historias, risas e momentos de xuntanza e diversión espazos das parroquias do interior do Concello de Barreiros.

Nesta ocasión o Concello de Barreiros convídate a desfrutar dos espectáculos de Iventi Teatro (local social de Cabarcos), Lilá Teatro (local social de San Xusto) , Xarope Tulú (escola de Vilamartín Pequeno), Cris de Caldas (Teleclub de Vilamartín Grande), Tarabela Creativa (teleclub da Rilleira) e Hermanager Producións (escola de Celeiro de Mariñaos). A programación desenvolverase durante os meses de xullo e agosto.

Desde a área de dinamización valoran positivamente a acollida que tivo esta programación os anteriores veráns e animan a toda a veciñanza a gozar das distintas e variadas propostas.

A primeira das citas terá lugar este domingo, 12 de xullo, ás 20:30 horas, no local social de Cabarcos, coa actuación de Iventi Teatro e o espectáculo “Marco que teño que marchar”.

ÚLTIMAS

Cervo acolle a III Carreira de Andadura o sábado 11 de xullo

O Concello de Cervo acollerá o vindeiro sábado 11 de xullo a III Carreira...

Viveiro acelera a tramitación do PXOM mentres o PSdeG reclama transparencia nos pasos a dar

O Goberno municipal de Viveiro levará a próxima semana (o mércores 15) a un...

Barreiros aclara a cronoloxía da demolición de seis vivendas en Lóngara

Aos efectos de aclarar a situación procesual e procedimental do Concello de Barreiros no...

Presentan en Viveiro a Banda de Música Xuvenil O Landro

 A Banda de Música O Landro presentou no Concello de Viveiro a súa Banda...