InicioOrientalBarreiros"Noites alternativas", novo programa de ocio en Barreiros para a xente nova

“Noites alternativas”, novo programa de ocio en Barreiros para a xente nova

Noites de ocio para xente nova en Barreiros

Publicada o

- Advertisement -

A Asociación Guillem Veiga Iglesias, en colaboración coa Área de Mocidade da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e o Concello de Barreiros, presenta “Noites Alternativas”, un novo programa de ocio nocturno inclusivo dirixido á xente nova da Mariña.

O programa busca ofrecer un espazo de encontro onde a xuventude poida participar, convivir e expresarse a través de propostas culturais e artísticas, afastadas dos modelos de ocio nocturno tradicionais.

A iniciativa desenvolverase durante os meses de xullo e agosto, convertendo os xoves pola noite nunha cita destacada do verán para a mocidade de entre 13 e 18 anos.

Entre as actividades inclúense obradoiros de rap e cultura urbana, graffiti e expresión artística, e outras propostas lúdicas como desafíos en equipo.

Noites Alternativas” quere fomentar a participación xuvenil, a creatividade, a convivencia e o respecto pola diversidade, consolidándose como unha proposta innovadora de ocio alternativo.

ÚLTIMAS

Petición de 18 anos de cadea por querer matar o seu padrasto a marteladas en Ribadeo

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este venres o xuízo contra un home acusado...

Interveñen 45 quilos de produtos pesqueiros sen etiquetaxe e documentación comercial en Xove

A Garda Civil interveu 45 quilos de breca, xurelo e sargo que eran transportados...

Operativo nas Catedrais: buscan dúas persoas que poden estar atrapadas nunhas rochas

Os servizos de emerxencias manteñen activo un operativo para buscar a dúas persoas que...

10.000 abonos do Resurrection Fest á venda este xoves 10 de setembro a partir das 12:00

O Resurrection Fest Estrela Galicia saca á venda este xoves, 10 de setembro (a...