InicioOrientalBarreirosPresentan a Carreira Popular das Praias en Barreiros

Presentan a Carreira Popular das Praias en Barreiros

A proba, que vai pola XII edición, terá lugar o venres 3 de abril na praia de Coto.

Publicada o

- Advertisement -

Na tarde de onte tivo lugar a presentación da XII edición da Carreira Popular das Praias, unha cita consolidada no calendario deportivo da Mariña e que volverá a reunir a centos de persoas o vindeiro venres, 3 de abril.

No acto participaron membros da entidade organizadora, a asociación cultural e deportiva Praias de Comado, xunto coa alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, o concelleiro de deportes e deputado provincial, Dani García, e o xefe provincial de Deportes da Xunta, Manuel Otero.

A proba principal contará cun percorrido de 7,5 quilómetros pola area das praias do municipio, con saída e chegada na praia de Coto. Un trazado que combina deporte e paisaxe e que permite ás persoas participantes percorrer boa parte do litoral de Barreiros, un entorno único.

Ademais da carreira absoluta, a xornada inclúe probas para as categorías de menores que teñen a inscrición gratuíta. Tamén existe a posibilidade de participar nunha andaina paralela de 9 quilómetros pensada para gozar igualmente do entorno pero a un ritmo máis tranquilo.

O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 31 de marzo e debe facerse a través da web do circuíto +kmsBarreiros. A día de hoxe, a cita supera xa as 300 persoas inscritas, o que confirma o interese que esperta esta proba edición tras edición.

Esta carreira será, ademais, a segunda proba do circuíto de carreiras populares +kmsBarreiros, unha iniciativa promovida polo Concello de Barreiros para fomentar a práctica deportiva e dinamizar o territorio a través de eventos ao aire libre.

Dende a organización animan tanto á veciñanza como a persoas chegadas doutros puntos a participar nunha xornada que combina deporte, convivencia e posta en valor do entorno natural do municipio.

ÚLTIMAS

A Xunta autoriza a planta de residuos non perigosos de Ribadeo aínda que recoñece “aumento de pó e ruido”

A Xunta formulou o informe de impacto ambiental do proxecto de ampliación do centro...

A Mariña sentirá a potencia dos motores co seu VIII Rally que se celebrará esta fin de semana

Esta tarde presentouse en Viveiro a oitava edición do Rally da Mariña Lucense, que...

Fundación Expomar presenta o novo formato das súas xornadas técnicas

A Fundación Expomar, co cofinanciamento da Consellería do Mar da Xunta de Galicia e...

O PP de Foz vota en contra da creación dun PAC en Foz: “o modelo actual funciona”

O Partido Popular de Foz no p en contra da proposta presentada pola esquerda...