InicioOrientalBarreirosBarreiros Premio María Moliner para a súa biblioteca

Barreiros Premio María Moliner para a súa biblioteca

Publicada o

- Advertisement -

A biblioteca de Barreiros está de noraboa despois de acadar un dos premios do Concurso de Proxectos de animación á lectura María Moliner organizado polo Ministerio de Cultura para municipios de menos de 50.000 habitantes. A entidade barreirense conseguiu un dos premios dotado cun importe de 2.777,77 euros xunto a outros 4 Concellos da provincia de Lugo e un total de 13 en toda Galicia.

Desde a concellería de dinamización e participación veciñal do Concello de Barreiros valoran positivamente este recoñecemento froito dun traballo continuado e planificado durante todo o ano, iniciando fai uns meses o primeiro club de lectura que está sendo un éxito no municipio. Según Dani García, concelleiro de dinamización “o traballo está sendo constante e planificado e este premio é a mostra dun bo funcionamento e unha boa coordinación co persoal técnico da biblioteca, ao que aproveito para darlle a noraboa”

ÚLTIMAS

Cristina Lagares, libraría Bahía: “Quero continuar co modelo de traballo da libraría porque sempre funcionou ben”

Cristina Lagares, -Por que te decidiches a embarcarte nesta aventura da Libraría Bahía? Antes disto...

O goberno local de Foz critica que o voceiro do PP “minta só para conseguir un titular”

A portavoz do goberno local socialista de Foz e concelleira de Facenda, Inés López...

A Deputación asume o financiamento da residencia de maiores de Ribadeo

Concello de Ribadeo e Deputación de Lugo asinaron este venres o convenio polo...

Cervo asume gran parte do incremento de prezos da residencia municipal

O Concello de Cervo comprométese a asumir gran parte do impacto que implica o...