InicioOrientalBarreirosBarreiros presenta a IV Marcha BTT Augas Santas

Barreiros presenta a IV Marcha BTT Augas Santas

Publicada o

- Advertisement -

Este sábado 15 de novembro, celebrarase a Marcha BTT Augas Santas, unha cita que vai xa pola súa cuarta edición e que reunirá a ciclistas afeccionados para facer un percorrido de 34 quilómetros con 1.300 metros de desnivel positivos.

A presentación da proba contou coa presenza de Dani García, concelleiro de deportes e deputado provincial; Manolo Cadramón, xefe provincial de deportes da Xunta de Galicia; e Diego Carregal, membro da directiva do club organizador.

A marcha, de carácter non competitivo, está organizada pola A.D. Augas Santas de Barreiros e conta coa colaboración do Concello de Barreiros, da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, da Secretaría Xeral para o Deportes, de Protección Civil de Barreiros e diversas empresas colaboradoras.

A saída será ás 9:30 horas desde a pista de pádel de San Miguel de Reinante, e o percorrido discorrerá por sendeiros debidamente marcados e acondicionados que levarán ás e aos ciclistas polos enclaves naturais máis fermosos do municipio.

As inscricións finalizan este xoves, 13 de novembro, e poden facerse dende a web de ccnorte.com. O número de prazas está limitado a 150 participantes.

ÚLTIMAS

Un ferido logo de envorcar un camión no Vicedo

O condutor dun camión resultou ferido este mércores no Vicedo (Lugo) tras saírse da...

Sanidade nega “graves deficiencias” en material nos centros de saúde da Mariña

A área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos saíu a desmentir...

O BNG de Foz alerta do atranco no desaugue na praia da Areoura

O BNG de Foz denuncia o mal estado da tubaxe que pasa por debaixo...

ACISA Ribadeo entrega os premios da campaña de San Valentín

ACISA Ribadeo sorteou e entregou este mércores os premios da campaña de San Valentín. Roberto...