InicioOrientalBarreirosPraias de Barreiros e Meigallos B, campións na VI Copa Deputación Fútbol...

Praias de Barreiros e Meigallos B, campións na VI Copa Deputación Fútbol Sala

A Vicepresidencia da Deputación financia a Copa, cunha achega de 22.830 euros  que se distribúe entre os equipos en función dos partidos disputados e das eliminatorias superadas,  polo que supón tamén unha fonte de financiamento adicional para os clubs.

Publicada o

- Advertisement -

 Praias de Barreiros e Meigallos B proclamáronse este sábado en Barreiros equipos campións da VI Copa Deputación de Fútbol Sala nas categorías Feminina e Segunda Masculina.

O pavillón municipal barreirense encheuse para seguir os partidos que puxeron o peche ao torneo, patrocinado pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo. Na final feminina, o Praias impúxose ao Ribeira FS nun partido igualado, que as barreirense inclinaron definitivamente do seu lado nos minutos finais, 3-4.

Na final de Segunda Masculina, o Meigallos B venceu ao Trabada Futsal, cun resultado, 5-6, que se axustou no treito final, despois de dispoñeren os sarriaos dunha ventaxa de ata 3 goles ao longo do encontro.

O deputado de Mocidade Daniel García felicitou destacou “a gran motivación coa que todos os equipos chegaron ás finais” e “o seguimento dos partidos e o bo ambiente no pavillón ao longo da tarde”. Na mesma liña, valorou a “celebración das finais en Barreiros como un recoñecemento á tradición de fútbol sala, especialmente feminino, na Mariña”

A Vicepresidencia da Deputación financia a Copa, cunha achega de 22.830 euros  que se distribúe entre os equipos en función dos partidos disputados e das eliminatorias superadas,  polo que supón tamén unha fonte de financiamento adicional para os clubs.

Lugo é a única provincia que conta cunha Copa propia, despois de que en 2019 a Vicepresidencia da Deputación apostase en poñer en marcha a competición, que ofrece ao fútbol sala un espazo de promoción similar ao do fútbol campo.

ÚLTIMAS

José Ramón Rodríguez Castiñeira: “No verán xa non houbo médicos suficientes en Foz e isto vén desde hai tempo”

-Que ocorreu o sete de xaneiro para que, con posterioridade, se levase adiante unha...

Charlas sobre diabetes en Ribadeo para o 27 de xaneiro dentro do programa Preto de Ti

O Concello retoma as charlas de saúde do programa Preto de Ti, reafirmando así...

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración visitou a Praza de Abastos de Viveiro

José González Vázquez, conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, realizou hoxe unha visita institucional...

Ribadeo acolleu este sábado o Campionato Galego de Cross Xogade 2025-2026

Ribadeo foi este sábado sede dunha nova cita do calendario deportivo galego coa celebración...