InicioOrientalBarreirosBarreiros inviste máis de 80.000 euros en mellorar o parque empresarial

Barreiros inviste máis de 80.000 euros en mellorar o parque empresarial

A alcaldesa, Ana Ermida, destaca a importancia destas actuacións nunha zona que non recibira ningún tipo de atención desde a súa construción, hai arredor de 20 anos

Publicada o

- Advertisement -

A alcaldesa visitou no día de onte as obras que se están levando a cabo no Parque Empresarial de Barreiros.

Pendentes aínda de finalización, as actuacións realízanse sobre o viario municipal e no alumeado, renovándoo na súa totalidade. Ademais, reformulouse a rotonda de entrada para permitir un mellor acceso ao parque, renovouse a sinalización vertical e horizontal, limpáronse as beirarrúas e dotouse de novos colectores de papel e suxeitacolectores en puntos estratéxicos de servizo xeral.

A alcaldesa, Ana Ermida, destaca a importancia destas actuacións nunha zona que non recibira ningún tipo de atención desde a súa construción, hai arredor de 20 anos. “Tratamos de atender, na medida das posibilidades, as demandas que levaban trasladándose varios anos e que axudan a mellorar a imaxe dun parque empresarial moi dinámico e que contribúe á impulsar a economía local e comarcal.”

Estas reformas, que responden a demandas do empresariado do polígono trasladadas nunha reunión previa, ascenden a preto de 83.000 euros, financiadas nun 80% con cargo a dúas axudas da Consellería de Economía e Emprego, que o Concello solicitou nesta anualidade.

ÚLTIMAS

José Ramón Rodríguez Castiñeira: “No verán xa non houbo médicos suficientes en Foz e isto vén desde hai tempo”

-Que ocorreu o sete de xaneiro para que, con posterioridade, se levase adiante unha...

Charlas sobre diabetes en Ribadeo para o 27 de xaneiro dentro do programa Preto de Ti

O Concello retoma as charlas de saúde do programa Preto de Ti, reafirmando así...

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración visitou a Praza de Abastos de Viveiro

José González Vázquez, conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, realizou hoxe unha visita institucional...

Ribadeo acolleu este sábado o Campionato Galego de Cross Xogade 2025-2026

Ribadeo foi este sábado sede dunha nova cita do calendario deportivo galego coa celebración...