InicioOrientalBarreirosAberta a matriculación para cursos de Aula Mentor en Barreiros

Aberta a matriculación para cursos de Aula Mentor en Barreiros

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Barreiros, a través da súa Aula Mentor, abre o prazo de inscrición para unha nova convocatoria de cursos formativos en liña, totalmente gratuítos e dirixidos a persoas adultas que desexen mellorar as súas competencias profesionais e dixitais. O prazo de matriculación manterase aberto ata o 10 de novembro.

As persoas interesadas poden inscribirse ou solicitar máis información na Aula Mentor de Barreiros, a través do correo barreiros@aulamentor.es. As prazas son limitadas e ocuparanse por rigorosa orde de inscrición. Os cursos, cunha duración aproximada de 60 horas para facer en 2 meses a partir do 12 de novembro, impártense en liña e contarán con titorías personalizadas.

Nesta convocatoria os cursos ofertados son:

  • Linux Unhatched (Cisco): introdución ao sistema operativo Linux e á súa interface de liña de comandos.
  • Introdución a Internet das Cousas (Cisco): coñecemento das tecnoloxías que conectan dispositivos e obxectos intelixentes.
  • Introdución á Ciberseguridade (Cisco): boas prácticas e ferramentas para protexer a privacidade e os datos en liña.
  • Emprendemento Dixital (Cisco): habilidades e competencias para o éxito no entorno laboral do século XXI.
  • Fundamentos de Intelixencia Artificial con IBM SkillsBuild (Cisco): aproximación á IA e aos seus usos actuais en diferentes sectores.
  • Introdución á Ciencia de Datos (Cisco): primeiros pasos na análise e interpretación de datos.
  • Conceptos básicos de redes (Cisco): aprendizaxe dos fundamentos das redes informáticas e da súa estrutura.
  • Iniciación a Salesforce: formación no uso básico desta ferramenta de xestión de clientes (CRM).
  • Administración de Salesforce: aprendizaxe avanzada na configuración e administración da plataforma.
  • Iniciación á Física: fundamentos da cinemática, dinámica e enerxía, ideais para iniciarse nesta disciplina científica.

O Concello de Barreiros segue co seu compromiso de ofertar formación continua e en igualdade de oportunidades que permita á veciñanza do rural acceder a programas de aprendizaxe de calidade e sen desprazamentos.

A través da Aula Mentor e da Aula CeMIT de Barreiros búscase reducir a fenda dixital e fomentar o desenvolvemento persoal e profesional poñendo en igualdade de condicións ás veciñas e veciños de concellos pequenos fronte as persoas das zoas urbanas.

ÚLTIMAS

Evacuados doce viaxeiros do tren Ortigueira-Viveiro por un obstáculo na vía no Concello de Mañón

Unha docena de viaxeiros tiveron que ser evacuados este xoves á noite despois de...

Ribadeo acolle o 16 de outubro o primeiro encontro forestal do Noroeste

Ribadeo acollerá o 16 de outubro o I Encontro Forestal do Noroeste no que...

Burela pide cautela ante a vaga de roubos na comarca e concello e non dificultar o traballo dos axentes

A vaga de roubos notificada nos últimos días en diversos puntos da comarca da...

Reunión de confrarías do Cantábrico Noroeste en Foz

A Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo organiza esta semana unha nova...