InicioOrientalBarreirosFormación en Barreiros sobre compostaxe doméstica

Formación en Barreiros sobre compostaxe doméstica

Publicada o

- Advertisement -

Técnicos especialistas en medio ambiente formarán a vindeira semana aos inscritos no programa de compostaxe domiciliaria municipal. O día 21 de outubro realizarase unha charla nas Escolas de San Cosme de Barreiros (ao lado do Concello) ás 19:00H.

Nestas xuntanzas tamén se entregarán ás persoas participantes os kits de compostaxe compostos por un composteiro, cun caldeiro doméstico, un aireador, un termómetro, unha criba e unha guía de compostaxe.

Esta iniciativa, que se desenvolve co obxectivo de promover a reciclaxe en orixe dos biorresiduos entre a veciñanza, conta co financiamento da Xunta de Galicia, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, a través da Unión Europea NextGenerationEU e do propio Concello de Barreiros.

Os veciños e veciñas que non se inscribiran, e aínda estean interesados/as en participar poden facelo informándose previamente nas oficinas municipais.

ÚLTIMAS

A alcaldesa de Barreiros pide aplicar o “Modelo Muras” para as compensacións polo parque eólico Mondigo

  A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, adiantou hoxe, tras coñecer o anuncio feito pola...

A ampliación do Hospital da Mariña avanza con 33,5 millóns e máis espazo en urxencias, UCI e consultas

O Hospital Público da Mariña continuará coa súa ampliación a través das fases 2...

Convenio entre Viveiro e Portos de Galicia para ordenar o tráfico na rúa Porto de Celeiro

O Concello de Viveiro e Portos de Galicia asinaron un convenio de colaboración...

Ribadeo contará cun novo solo residencial para 300 vivendas, a maioría protexidas

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle este luns a delimitación dun novo ámbito...