O Concello de Barreiros acollerá tres cursos do programa “É para Dixitalizarse, Lugo”, unha iniciativa da Deputación Provincial de Lugo dirixida a achegar a aprendizaxe dixital á poboación do ámbito rural e favorecer o uso das novas tecnoloxías na vida diaria.
Os cursos, totalmente gratuítos, impartiranse na aula CeMIT de Barreiros os luns, martes e xoves de 10:00 a 12:00 horas e serán os seguintes:
- A00 – Informática básica: do 27 de outubro a finais de decembro.
- B00 – Certificados dixitais: durante o mes de xaneiro.
- D00 – Banca electrónica: ao longo do mes de febreiro.
As persoas interesadas poden reservar praza no teléfono 666 875 946 ou na propia aula CeMIT de Barreiros.
Desde o Concello de Barreiros destacan que esta programación supón unha oportunidade para “seguir avanzando na inclusión tecnolóxica da veciñanza, ofrecendo recursos que faciliten o acceso e o uso das ferramentas dixitais de xeito seguro e útil para o día a día”.
Toda a información do programa está recollida na web: yparadigitalizarselugo.com
