Tres brigadistas feridos o incendio rexistrado o 14 de setembro no municipio lucense de Barreiros recibiron a alta médica, mentres permanece ingresado con prognóstico grave na Unidade de Queimados do complexo hospitalario universitario da Coruña (Chuac) o efectivo accidentado nos lumes de Ourense.
Segundo informaron fontes sanitarias, abandonaron o centro dous bombeiros de 24 anos e un de 25, que sufriron queimaduras de segundo grao con diferentes afectacións de entre o 10 e o 25% do seu corpo. Así, xa foron dados de alta os cinco homes afectados en Barreiros.
Doutra banda, continúa ingresado no Chuac con evolución favorable aínda que prognóstico grave, o brigadista de 18 anos que resultou ferido os incendios de Ourense.
O último parte médico detalla que este mozo sufriu queimaduras de terceiro grao cunha afectación no 40% do corpo, ademais de intoxicación por inhalación de fume
