InicioOrientalBarreirosO Concello de Barreiros envía unha carta a Sanidade ante a situación...

O Concello de Barreiros envía unha carta a Sanidade ante a situación do seu centro de saúde

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Barreiros enviou unha carta ao conselleiro de Sanidade e ao xerente da Área Sanitaria Lugo-A Mariña-Monforte para sinalarlles a situación do centro de saúde do concello, na misiva a alcaldesa, Ana Ermida, pide “encarecidamente a adopción de medidas que solucionen” as deficiencias que presenta o centro

Ana Ermida sinala que un verán coa sanidade vivindo “nunha tensión permanente e cunha calidade deficiente”, o mes de outubro comeza sen persoal facultativo e “non está sendo substituído”, a consecuencia é que hai unha lista de agarda para consultas ordinarias e de receitas. Isto crea estrés e carga laboral nas persoas que agora manteñen o servizo sanitario.

O traballo realizado polas persoas que están dentro do Centro de Saúde non é sostible a nivel laboral nin persoal. De aí “quero trasladarlle a nosa preocupación e o malestar existente coa xestión que se está a realizar” nos centros de saúde e que “pode acabar en graves problemas sociais”. Ermida reclama que a Consellería de Sanidade cubrir as ausencias no centro de saúde local para atender “unha poboación maioritariamente envellecida”



ÚLTIMAS

Burela acolle cursos formativos para persoas estranxeiras e a preparación de probas oficiais

Burela acollerá dous cursos formativos dirixidos a persoas estranxeiras, organizados por Ecos do Sur....

ACISA integra hoxe os negocios da Praza de Abastos logo do acordo entre patronal local e Asociación de Praceiros

Acisa integra dende hoxe á Praza de Abastos de Ribadeo, tras a sinatura do...

O comité de empresa de Alcoa reclama unha reunión co Goberno ante a situación do sector do aluminio

O comité de empresa de Alcoa en San Cibrao, en Cervo, pide unha reunión...

Conferencia ‘A cova de San Xoán Vello: novas achegas desde a arqueoloxía’ en Viveiro

Mariña Patrimonio organiza para o vindeiro mércores 22 de abril, ás 20:00 horas, na...