InicioOrientalBarreirosBarreiros acolleu a primeira etapa da Marcha Ciclista Unificada de Special Olympics

Barreiros acolleu a primeira etapa da Marcha Ciclista Unificada de Special Olympics

A Vicepresidencia da Deputación e o Concello de Barreiros apoiaron a organización da marcha, na que a Fundación Eu Son actuou como anfitrioa

Publicada o

- Advertisement -


Barreiros acolleu hoxe a primeira etapa da Marcha Ciclista Unificada de Special Olympics Galicia, organizada coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo  e o Concello de Barreiros.


A xornada comezou cun acto de inauguración no Polideportivo Municipal no que, seguindo o modelo das cerimonias dos Xogos Olímpicos,  deportistas da Fundación Eu Son (Burela), Prodeme (Monforte), As Burgas (Ourense) e Aspas (Compostela) e do Club Ciclista Monforte, desfilaron portando os elementos identificativos de cada colectivo.


O deputado de Mocidade Daniel García e a alcadesa de Barreiros Ana Ermida, acompañados polo presidente de Special Olympics Galicia Eladio Fernández, representantes da corporación municipal e do tenente alcalde de Burela e vicepresidente da Fundación Eu Son Mario Pillado, deron a benvida as e os participantes.


Medio cento de ciclistas fixeron despois a marcha na que as ganas de chegar á meta foron á par do compañeirismo, a solidariedade e a vontade de superación. Un ambiente sostido ao longo dos 19 quilómetros de percorrido, entre eles treitos con  vistas ás praias.


Daniel García e Ana Ermida agredeceron “a Special Olympics que tivese elexido Barreiros para comezar esta marcha unificada, que visibiliza o deporte como espazo de encontro e de convivencia”. Tamén reiteraron o apoio da institución provincial e do concello ao deporte e ao ocio inclusivo.


Barreiros abriu o calendario da XIII Marcha Ciclista Unificada, que continuará con tres probas máis, en Pereiro de Aguiar, Santiago de Compostela e Vilargarcía de Arousa, daquí ao domingo, co participación en cada caso doutros colectivos comarcais, sumando en conxunto máis de 200 participantes.

ÚLTIMAS

Expomar converte Burela en referente do mundo da pesca

A Fundación Expomar organizou esta semana en Burela as súas 33ª Xornadas Técnicas e...

Os retos da pesca analizados en Burela nas XXXIII Xornadas Técnicas de Expomar

O XXVII Encontro Empresarial e as XXXIII Xornadas Técnicas de Expomar celébranse este mércores...

Trabada busca financiamento para reparar a zona dos vestiarios do pavillón afectada polo incendio

O Concello de Trabada continúa traballando na recuperación da zona dos vestiarios do pavillón...

Alarma en Foz por unha liorta con armas brancas

A localidade de Foz viviu momentos de gran tensión a media tarde deste martes,...