InicioOrientalBarreirosBarreiros celebrará o seu Mercadiño de Outono o 12 de outubro

Barreiros celebrará o seu Mercadiño de Outono o 12 de outubro

Degustacións, obradoiros, actividades para as crianzas, música en vivo e máis actividades acompañarán a máis de 30 postos de alimentación e artesanía dende as 11h ata as 20h.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Barreiros organiza un ano máis o Mercadiño no Outono, unha cita tradicional que terá lugar o vindeiro domingo 12 de outubro na Praza do Concello. A iniciativa conta coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Degustacións, obradoiros, actividades para as crianzas, música en vivo e máis actividades acompañarán a máis de 30 postos de alimentación e artesanía dende as 11h ata as 20h.

Como novidade desta edición realizarase un obradoiro de cestería en colaboración co Centro de Artesanía da Deputación provincial ao cal será necesario inscribirse previamente no rexistro do Concello de Barreiros ata completar as prazas e no cal terá prioridade as persoas censadas no Concello de Barreiros.

O Mercadiño comezará ás 11h coa actuación do grupo de Gaitas da A.F O Arco da Vella e a continuación actuará o grupo Deux a la Creme. Ás 12:30h. será a tradicional degustación con elaboracións feitas con produtos de razas autóctonas.

Durante a tarde haberá un posto de castañas asadas de balde para toda a xente que visite o mercadiño e actividades para as crianzas. Rematará o evento co sorteo de varias cestas.

ÚLTIMAS

Alcoa destaca a seguridade da balsa de lodos vermellos tras presuntas fugas denunciadas por veciños

Un veciño da parroquia de Lago gravou a inicios desta semana unha presunta fuga...

Burela participará no II Encontro Internacional de Mulleres Electas en Cabo Verde

A alcaldesa de Burela e presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, acompañada pola concelleira de Economía, Patricia...

O grupo de gaitas Dambara de Burela estará no desfile de San Patricio en Madrid co apoio da Deputación

O grupo de gaitas da Asociación Cultural e Musical Dambara de Burela será o...