InicioOrientalBarreirosBarreiros acolle a primeira proba da XIII Marcha Ciclista Unificada

Barreiros acolle a primeira proba da XIII Marcha Ciclista Unificada

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo e o Concello de Barreiros colaboran na organización da proba, na que participarán persoas usuarias da Fundación Eu Son e Prodeme

Publicada o

- Advertisement -

Barreiros acollerá o vindeiro 2 de outubro a primeira das probas da XIII Marcha Ciclista Unificada que organiza Special Olympics Galicia, coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e do Concello de Barreiros.

A marcha, cun percorrido de 19 quilómetros polo concello barreirense, reunirá deportistas de colectivos do apoio a persoas con capacidades diferentes -Fundación Eu Son, Prodeme, AS Burgas, Aspas, Con Eles e San Francisco – e de clubs ciclistas – CC Xiabre e CC Monforte -, visibilizando o deporte como un espazo de inclusión e convivencia. A organización agarda a participación de 44 persoas, tendo en conta tamén o persoal de apoio.

O presidente de Olympics Galicia Eladio Fernández explicou que “organizamos para que a sociedade vexa as posibilidades que teñen as persoas con discapacidade intelectual se contan cos medios e recursos para levar a cabo os seus proxectos, deportivos ou de vida” e presentou a proba como “un día de integración, de ilusión e de convivencia, no que participan persoas con e sin discapacidade”.

O deputado de Mocidade Daniel García -tamén concelleiro de Participación de Dinamización Veciñal – reiterou o “compromiso da Deputación de Lugo con Special Olympics Galicia, que amosa os auténticos valores de deporte” e detallou que “o circuíto, de 19 quilómetros, comparte treitos coa etapa da Volta a Galicia” recentemente celebrada en Barreiros.

A alcaldesa Ana Ermida  agradeceu a elección de Barreiros para celebrar a proba “é:  un orgullo qeu se cleelbre unha cita deste tipo aquí. Vimos de celebrar unha volta competitiva como a Volta a Galicia, pero sabemos que o importante do deporte e das carreiras non é gañar, se non chegar a meta, e ir derribando barreiras polo medio. E as administracións temos que estar nese camiño”

O acto contou tamén con persoas usuarias da Fundación Eu Son que participarán na proba e da alcaldesa de Burela e presidenta da Fundación Carmela López que destacou a contribución da entidade “a derribar barreiras”. “Gracias a todas esas familias en Burela e en toda a comarca, temos normalizado que hai persoas con capacidades diferentes”.

O xefe de Deportes da Xunta de Galicia Manuel Otero, que interviu tamén no acto, destacou “ as sinerxias entre administacións” para celebrar a proba e parabenizou a Special Olympics Galicia pola iniciativa.

Barreiros abre o calendario da XIII Marcha Ciclista Unificada, que continuará con tres probas máis, en Pereiro de Aguiar, Santiago de Compostela e Vilargarcía de Arousa

ÚLTIMAS

Comezan as licitacións para o viaduto de Celeiro e a variante de Viveiro por 40 millóns

O Goberno galego deu luz verde definitiva ao contrato de servizo para o deseño...

Santiago González, tirador de arco: “Hai que lembrar que un arco é unha arma, por iso se debe ter unha licenza para levalo”

  -Vés de gañar o Campionato Galego de Tiro con Arco. Cal é a orixe...

A Xunta recollerá mostras na Mariña para o proyecto Xenoma

A Xunta iniciará o próximo 16 de xuño, martes, a toma de mostras da...

Foz inviste máis de 200.000 euros no campo de fútbol de Malates

O Concello de Foz ten en marcha as obras de renovación do céspede artificial...