A Consellería do Medio Rural deu por extinguido o incendio forestal que se iniciou na parroquia de San Xusto de Cabarcos, na localidade lucense de Barreiros, o pasado 14 de setembro e que finalmente afectou a unha superficie de 152,69 hectáreas de monte arboledo.
Para apagar este incendio mobilizouse a un total de 10 técnicos, 87 axentes, 121 brigadas, 94 motobombas, catro pas, dúas unidades técnicas de apoio, sete helicópteros e tres avións.
Durante os labores de extinción resultaron feridos cinco brigadistas que tiveron que ser ingresados na Unidade de Queimados do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC).
