A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal do concello lucense de Barreiros, parroquia de San Xusto de Cabarcos, quedou controlado ás 21.59 horas de hoxe martes.
O lume iniciouse ás 16.14 horas do domingo e segundo as últimas medicións afecta unha superficie de 140 hectáreas, todas elas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 5 técnicos, 47 axentes, 64 brigadas, 49 motobombas, 4 pas, 2 unidades técnicas de apoio, 7 helicópteros e 3 avións.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X (antigo twitter): @incendios085.
