InicioOrientalBarreirosO incendio de Barreiros permanece estabilizado logo de deixar cinco feridos

O incendio de Barreiros permanece estabilizado logo de deixar cinco feridos

O lume iniciouse ás 16.14 horas do pasado domingo e segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de 80 hectáreas

Publicada o

- Advertisement -

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal do concello lucense de Barreiros, parroquia de San Xusto de Cabarcos, quedou estabilizado ás 10.29 horas de hoxe.

O lume iniciouse ás 16.14 horas do pasado domingo e segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de 80 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 4 técnicos, 24 axentes, 32 brigadas, 28 motobombas, 4 pas, 2 unidades técnicas de apoio, 7 helicópteros e 3 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X (antigo twitter): @incendios085.

ÚLTIMAS

Burela acolle cursos formativos para persoas estranxeiras e a preparación de probas oficiais

Burela acollerá dous cursos formativos dirixidos a persoas estranxeiras, organizados por Ecos do Sur....

ACISA integra hoxe os negocios da Praza de Abastos logo do acordo entre patronal local e Asociación de Praceiros

Acisa integra dende hoxe á Praza de Abastos de Ribadeo, tras a sinatura do...

O comité de empresa de Alcoa reclama unha reunión co Goberno ante a situación do sector do aluminio

O comité de empresa de Alcoa en San Cibrao, en Cervo, pide unha reunión...

Conferencia ‘A cova de San Xoán Vello: novas achegas desde a arqueoloxía’ en Viveiro

Mariña Patrimonio organiza para o vindeiro mércores 22 de abril, ás 20:00 horas, na...