A Vicepresidencia da Deputación de Lugo e o Concello de Barreiros destacan “o gran ambiente e a expectación” que xenerou a terceira etapa da Volta a Galicia este sábado, especialmente en San Cosme, onde se instalou a saída e a meta da carreira.
O deputado de Rural, Mar e Mocidade Daniel García, tamén concelleiro de Participación e Dinamización Veciñal, subliñou “a presenza de numeroso público que se achegou a San Cosme xa antes da saída” e que puido seguir a loxística dos equipos e os adestramentos e preparativos previos ao inicio da carreira, que comezou a carón da Praza do Concello,
Os corredores volveron ao Concello de Barreiros para os últimos trinta quilómetros do percorrido, con puntos de dificultade como a subida ao Monte Comado, calificada como porto de montaña de segunda categoría. Nos quilómetros finais impúxose o corredor estadounidense Jesse Maris, que foi o primeiro en cruzar a liña de meta en San Cosme.
O tenente de alcaldesa de Barreiros Antonio Veiga puxo en relevo “a gran resposta da veciñanza nun día fabuloso” e destacou a relevancia de que “a federación galega e a Vicepresidencia da Deputación apostasen por Barreiros para unha etapa decisiva para unha competición de gran nivel como é a Volta a Galicia”
Un percorrido inédito pola Mariña
Barreiros foi o epicentro dunha etapa de 147 quilómetros pola Mariña, que contou co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e que e extendeu o espectáculo do ciclismo polos concellos de Ribadeo, A Pontenova, Riotorto e Trabada trazando un percorrido inédito na historia da Volta a Galicia.
O vicepresidente da Deputación Efrén Castro subliñou neste sentido que “na Mariña hai moitísima afeccioón ao ciclismo pero non ven tantas veces o ciclismo de competición, polo que foi unha oportunidade marabillosa para disfrutar del”
A Volta a Galicia reuniu máis de 120 corredores das categorías Sub23 e Elite de 17 equipos.
