InicioOrientalBarreirosDespedida a Hamdi, o neno saharauí acollido en Barreiros

Despedida a Hamdi, o neno saharauí acollido en Barreiros

No acto celebrado no salón de plenos, a alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, e a concelleira de Servizos Sociais, Carmen Veiga, fixéronlle entrega de varios agasallos como recordo da súa estancia

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Barreiros despediu na mañá de onte a Hamdi, o neno saharauí que gozou dos meses de verán no municipio acollido por unha familia barreirense no marco do programa “Vacacións en Paz”.

No acto celebrado no salón de plenos, a alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, e a concelleira de Servizos Sociais, Carmen Veiga, fixéronlle entrega de varios agasallos como recordo da súa estancia. No acto tamén estivo presente a familia de acollida, parte fundamental desta experiencia solidaria que permite ao neno desfrutar dun verán lonxe das duras condicións dos campamentos de refuxiados.

O programa “Vacacións en Paz”, desenvolvido pola Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (SOGAPS), permite cada ano que centos de nenas e nenos procedentes dos campamentos de Tinduf (Alxeria) pasen dous meses con familias galegas. Esta iniciativa non só lles ofrece un tempo de lecer e asistencia médica, senón que tamén crea fortes lazos afectivos e culturais.

O Concello de Barreiros felicita á veciñanza por facer un municipio acolledor e solidario e agradece ás familias que, xenerosamente, abren as súas portas para acoller nenas de nenos saharauis que viven desterrados en Tinduf, na fronteira alxerina.

ÚLTIMAS

Expomar converte Burela en referente do mundo da pesca

A Fundación Expomar organizou esta semana en Burela as súas 33ª Xornadas Técnicas e...

Os retos da pesca analizados en Burela nas XXXIII Xornadas Técnicas de Expomar

O XXVII Encontro Empresarial e as XXXIII Xornadas Técnicas de Expomar celébranse este mércores...

Trabada busca financiamento para reparar a zona dos vestiarios do pavillón afectada polo incendio

O Concello de Trabada continúa traballando na recuperación da zona dos vestiarios do pavillón...

Alarma en Foz por unha liorta con armas brancas

A localidade de Foz viviu momentos de gran tensión a media tarde deste martes,...