InicioOrientalBarreirosFinalizan as xornadas de drons e realidade virtual en Barreiros

Finalizan as xornadas de drons e realidade virtual en Barreiros

As actividades foron organizadas desde a aula CeMIT do Concello de Barreiros que, grazas ao equipamento tecnolóxico co que conta, trata de aumentar o interese da rapazada polas profesións tecnolóxicas do futuro.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Barreiros, a través da súa aula CeMIT, organizou durante as últimas semanas unhas xornadas tecnolóxicas para as rapazas e rapaces da Asociación de Pais e Nais de Nen@s con Discapacidade da Mariña de Lugo (APNED).

A rapazada asistiu a un taller de pilotaxe de drons onde tivo a oportunidade de coñecer as partes fundamentais destas aeronaves non tripuladas, a normativa pola que se rexen as zonas de voo e, por suposto, experimentar a emoción de manexalos nun circuíto deseñado especialmente para a ocasión.

Por outra banda, tamén asistiron a varias sesións con lentes de realidade virtual en 3D, nas que a rapazada puido mergullarse en novos mundos, explorar contornas dixitais e gozar de experiencias totalmente inmersivas grazas ao equipamento da aula CeMIT.

A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, e o concelleiro de dinamización, Dani García, achegáronse ás xornadas para velas de primeira man e compartir a experiencia co alumnado.

Ermida destacou a importancia desta colaboración: “para nós é un orgullo poder colaborar con APNED, unha asociación que realiza un labor absolutamente fundamental na nosa comarca, ofrecendo un apoio crucial á cativada e ás súas familias. O seu traballo é encomiable e desde o Concello queremos seguir fortalecendo esta liña de cooperación”.

Pola súa banda, o concelleiro de dinamización sinalou que “estas actividades permiten achegarlles a tecnoloxía dunha forma lúdica e accesible. Polo que, tanto a realidade virtual coma o manexo de drons, ábrenlles novas fiestras a posibles vocacións de cara a formarse e traballar con ferramentas innovadoras”.

As actividades foron organizadas desde a aula CeMIT do Concello de Barreiros que, grazas ao equipamento tecnolóxico co que conta, trata de aumentar o interese da rapazada polas profesións tecnolóxicas do futuro.

ÚLTIMAS

Petición de 18 anos de cadea por querer matar o seu padrasto a marteladas en Ribadeo

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este venres o xuízo contra un home acusado...

Interveñen 45 quilos de produtos pesqueiros sen etiquetaxe e documentación comercial en Xove

A Garda Civil interveu 45 quilos de breca, xurelo e sargo que eran transportados...

Operativo nas Catedrais: buscan dúas persoas que poden estar atrapadas nunhas rochas

Os servizos de emerxencias manteñen activo un operativo para buscar a dúas persoas que...

10.000 abonos do Resurrection Fest á venda este xoves 10 de setembro a partir das 12:00

O Resurrection Fest Estrela Galicia saca á venda este xoves, 10 de setembro (a...