InicioOrientalBarreirosBarreiros, sede da terceira etapa da Volta Ciclista a Galicia

Barreiros, sede da terceira etapa da Volta Ciclista a Galicia

A saída e chegada estarán situadas diante do Concello o sábado 13 de setembro.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Barreiros acollerá o sábado, 13 de setembro, a terceira etapa da 23ª Volta Ciclista a Galicia, unha das probas de referencia do calendario nacional para as categorías Élite e Sub-23, organizada pola Federación Galega de Ciclismo.

A etapa terá un percorrido de 147 quilómetros con saída ás 12:30 horas de diante da Casa do Concello e chegada prevista ao mesmo punto sobre as 16:00 horas. O trazado, que comeza en Barreiros, levará aos corredores a Ribadeo, A Pontenova, Riotorto e Trabada, antes de regresar de novo a Barreiros, nun traxecto esixente que contará con tres portos de 2ª categoría e un de 3ª.

A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, destaca a importancia deste evento deportivo: “É unha honra que Barreiros sexa escenario dunha etapa da Volta a Galicia. Este tipo de citas non só nos sitúan no mapa deportivo, senón que tamén supoñen unha oportunidade para dinamizar o noso concello, dando a coñecer a nosa contorna e o noso potencial como destino deportivo e turístico”.

Desde o Concello de Barreiros sublíñase tamén que: “Estáse a traballar man a man coa Vicepresidencia de Deputación Provincial e coa Federación Galega de Ciclismo para que esta etapa sexa un éxito, demostrando que Barreiros pode acoller probas de alto nivel coma é a Volta Ciclista a Galicia”.

A Volta Ciclista a Galicia 2025 reunirá a algúns dos mellores equipos e corredores do panorama estatal, converténdose de novo nun trampolín para as novas promesas do ciclismo.

ÚLTIMAS

Comezan as licitacións para o viaduto de Celeiro e a variante de Viveiro por 40 millóns

O Goberno galego deu luz verde definitiva ao contrato de servizo para o deseño...

Santiago González, tirador de arco: “Hai que lembrar que un arco é unha arma, por iso se debe ter unha licenza para levalo”

  -Vés de gañar o Campionato Galego de Tiro con Arco. Cal é a orixe...

A Xunta recollerá mostras na Mariña para o proyecto Xenoma

A Xunta iniciará o próximo 16 de xuño, martes, a toma de mostras da...

Foz inviste máis de 200.000 euros no campo de fútbol de Malates

O Concello de Foz ten en marcha as obras de renovación do céspede artificial...