InicioOrientalBarreirosO Celta Barreiros celebrará a II Festa do Mexillón para o 26...

O Celta Barreiros celebrará a II Festa do Mexillón para o 26 de xullo

José Manuel García, presidente do Celta Barreiros, contou que “teremos mexillóns, arredor de 500 ou 600 quilos. Serviremos racións de mexillóns e de lacón cocido acompañadas de pan, viño e auga"

Publicada o

- Advertisement -

O vindeiro sábado, 26 de xullo, terá lugar a II Festa do Mexillón, que organiza o Celta Barreiros.

O evento, que dará comezo ás 19 horas no campo de fútbol O Cascabeiro, estará amenizado polo grupo Con faldas y a lo loco e por un dj.

José Manuel García, presidente do Celta Barreiros, contou que “teremos mexillóns, arredor de 500 ou 600 quilos. Serviremos racións de mexillóns e de lacón cocido acompañadas de pan, viño e auga. O prezo da ración será de 10 euros. E tamén contaremos con menú infantil, composto por salchichas e patacas”.

García Cela anima “á veciñanza de Barreiros e dos concellos da contorna como Ribadeo, Foz, Trabada, Mondoñedo ou Lourenzá, así como aos visitantes a achegarse este sábado ao campo de fútbol O Cascabeiro, en San Cosme de Barreiros, a desfrutar da II Festa do Mexillón. A primeira resultou moi ben e agardamos que esta tamén sexa un éxito”.

ÚLTIMAS

Recorren o arquivo do caso da Maruxaina

A asociación Mulleres en Igualdade, Bumei, recorreu a decisión do Tribunal de Instancia de...

A Asociación de Comerciantes da Pontenova intégrase na FCAM

A Asociación de Comerciantes da Pontenova acaba de integrarse na FCAM. Desde a Federación...

‘A Mariña, Unha Viaxe Á Identidade’, proposta da Mancomunidade para Fitur 2026

A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense presentará este xoves, 22 de xaneiro, en...

A Plataforma Sanitaria da Mariña presenta a manifestación para o 1 de febreiro en Santiago

O centro de saúde de Barreiros foi o escenario elexido pola Plataforma Sanitaria da...