InicioOrientalBarreirosBarreiros dá inicio ao servizo de socorrismo e salvamento

Barreiros dá inicio ao servizo de socorrismo e salvamento

Desde esta fin de semana están contratadas 19 persoas, 17 socorristas e 2 técnicas sanitarias

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Barreiros xa ten en marcha o operativo cara o veran, dando pistoletazo de saída neste fin de semana aos traballos de salvamento e socorrismo.

O pasado domingo día 15 a alcaldesa, Ana Ermida, acompañada pola totalidade do goberno municipal, visitou ás 19 persoas que xa prestan servizo no municipio. Na visita, comprobou tamén o estado do material existente e as novas necesidades, ao verse ampliado notablemente o cadro de persoal.

A rexedora explicou que nestes momentos contan con 17 socorristas e 2 técnicas sanitarias, que se complementarán con máis socorristas e persoal auxiliar para ter o servizo completamente operativo o 1 de xullo.

O Concello de Barreiros vén realizando un importante esforzo nos últimos anos para mellorar o servizo, tanto en persoal como en material. De feito, neste verán contarán con dúas zodiacs e unha moto de auga para reforzar a seguridade.

A alcaldesa manifestou o seu “orgullo por ser quen de ir mellorando e ampliando este servizo cada ano, con todas as dificultades que atopamos.” E lembrou o importante esforzo, tamén económico, que supón para o municipio “xa que a axuda da Xunta agora mesmo é duns 17.000€”, informou.

Ana Ermida agradeceu a todo o persoal que repite nas praias de Barreiros e deu a benvidas ás novas incorporacións, desexando que sexa un verán “tranquilo” e no que “os socorristas actúen o menos posible”. Igualmente, quixo agradecer nomeadamente ás persoas que mantiveron en pé o servizo en anos moi duros, traballando intensa e responsablemente e facendo que Barreiros pasase dunha situación de non ter practicamente socorristas a ampliar cada día máis areais con cobertura.”

Ermida informou que en función das persoas a maiores que poidan contratarse, pretender abrir o máximo número de praias, co obxectivo de poder chegar a abrilas todas. Pero farase sempre atendendo aos criterios marcados pola coordinación do servizo para garantir tanto a seguridade das persoas usuarias como a do propio persoal do servizo.

Outros traballos preparatorios

Nestes días xa se están levando tamén a cabo o segado e limpeza dos paseos marítimos e accesos ás praias, que xa foran acondicionados no mes de abril e que volverán repasarse, por primeira vez neste concello, a mediados de verán. Igualmente, durante o inverno, fixéronse traballos de limpeza profunda como a retirada de area e terra acumulada en zonas do mesmo.

Está tamén operativo o persoal de limpeza dos baños, mantendo os que se atopan abertos durante todo o ano e preparando os que se abrirán nos vindeiros días.

ÚLTIMAS

Feira do Mel do Valadouro: a vocación e a resistencia fronte aos desafíos do sector

  O concello do Valadouro volve ser o epicentro da apicultura mariñá e galega coa...

O Goberno central comprométese coa pesca artesanal con medidas para facer atractivo o sector

A secretaria xeral de Pesca, Isabel Artime, participou este venres na xornada de traballo...

Evacuados doce viaxeiros do tren Ortigueira-Viveiro por un obstáculo na vía no Concello de Mañón

Unha docena de viaxeiros tiveron que ser evacuados este xoves á noite despois de...

Ribadeo acolle o 16 de outubro o primeiro encontro forestal do Noroeste

Ribadeo acollerá o 16 de outubro o I Encontro Forestal do Noroeste no que...