InicioOrientalBarreirosO alumnado do CEIP de San Miguel de Reinante estivo na ETAP...

O alumnado do CEIP de San Miguel de Reinante estivo na ETAP da Barranca

O obxectivo da xornada foi achegar ao alumnado o funcionamento do ciclo da auga no seu propio concello, coñecendo de primeira man o proceso que segue desde a súa captación no río Forcón ata que chega as súas billas

Publicada o

- Advertisement -

O alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria do CEIP de San Miguel de Reinante visitou esta semana a estación de tratamento de auga potable municipal situada na Barranca.

Durante a visita, os nenos e nenas estivo acompañada pola concelleira responsable do abastecemento de auga, Montse Porteiro, así como por persoal técnico do servizo de augas municipal.

O obxectivo da xornada foi achegar ao alumnado o funcionamento do ciclo da auga no seu propio concello, coñecendo de primeira man o proceso que segue desde a súa captación no río Forcón ata que chega as súas billas.

O persoal técnico explicoulles que “a captación se facía mediante un pequeno encoro situado río arriba, logo, esa auga chegaba á ETAP por gravidade onde se sometía a un proceso de cloración para eliminar os microorganismos, antes de pasar a uns filtros de area que permiten a sedimentación, chave para capturar e eliminar partículas suspendidas na auga. Unha vez filtrada e clorada, a auga almacénase nun depósito que ten unha capacidade de 900 m³ anexo á ETAP.”

A concelleira Montse Porteiro aproveitou a ocasión para concienciar ao alumnado sobre a importancia de facer un uso responsable da auga, “aínda que poida parecer que vivimos nun lugar no que abunda a auga, o certo é que non podemos captala dos ríos sen limitación. Débese respectar sempre un caudal mínimo para que os ecosistemas fluviais poidan manterse con vida.”

Así mesmo, Porteiro incidiu en que “temos exemplos moi pretos no tempo nos que a auga era un ben abundante e hoxe en día sofren restricións. Por iso, debemos non só facer un uso responsable deste recurso, se non tamén actuar como divulgadores e sensibilizar a outras persoas das repercusións do cambio climático”.

O Concello de Barreiros promove este tipo de actividades que combinan a educación ambiental, o coñecemento técnico e a concienciación social nas novas xeracións para crear unha cultura de respecto e coidado dos recursos naturais.

ÚLTIMAS

Petición de 18 anos de cadea por querer matar o seu padrasto a marteladas en Ribadeo

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este venres o xuízo contra un home acusado...

Interveñen 45 quilos de produtos pesqueiros sen etiquetaxe e documentación comercial en Xove

A Garda Civil interveu 45 quilos de breca, xurelo e sargo que eran transportados...

Operativo nas Catedrais: buscan dúas persoas que poden estar atrapadas nunhas rochas

Os servizos de emerxencias manteñen activo un operativo para buscar a dúas persoas que...

10.000 abonos do Resurrection Fest á venda este xoves 10 de setembro a partir das 12:00

O Resurrection Fest Estrela Galicia saca á venda este xoves, 10 de setembro (a...