InicioOrientalBarreirosBarreiros inaugura o congreso internacional: "Paisaxes Alimentarias"

Barreiros inaugura o congreso internacional: “Paisaxes Alimentarias”

Unha trintena de investigadoras e antropólogos de España, Portugal, Brasil e México participan neste encontro científico en que se analizan dinámicas sociais asociadas ao feito cotián de comer nun contexto de emerxencia climática e global

Publicada o

- Advertisement -

O deputado de Rural, Mar  e Mocidade Daniel García e a alcaldesa de Barreiros Ana Ermida inauguraron esta mañá o congreso internacional “Paisaxes alimentarias: territorios e identidades sustentables”, organizado no marco da actividade da Cátedra Unesco sobre Alimentación, Cultura e Desenvolvemento e da International Commisssion on the Anthropology of Food and Nutrition (ICAF).

Unha trintena de investigadoras e antropólogos de España, Portugal, Brasil e México participan neste encontro científico en que se analizan dinámicas sociais asociadas ao feito cotián de comer nun contexto de emerxencia climática e global.

A emerxencia climática nos montes  comunais en man común galegos, as prácticas alimentarias peregrinas, os valores resistentes e a perspectiva de xénero nas prácticas hortícolas, a etnografía do pastoreo, os esforzos para construír unha gastronomía nacional, as soidades e as tensións centro-periferia no feito de comer ou as dinámicas do reparto a domicilio nas contornas urbanas son algúns dos aspectos que se abordarán nas ponencias que se presentarán ao longo da xornada por parte das e dos congresistas.

Tamén se achegarán investigacións sobre os valores emocionais, acerca das paisaxes ecosistémicas, identitarias e culturais nas que se producen os alimentos como a desnutrición e a fame cultural asociadas aos desastres naturais.

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo e do Concello de Barreiros colabroan na organización destas xornadas que enlazan coas liñas de traballo impulsadas desde as dúas institucións en relación coa educación alimentaria, o consumo de proximidade e o apoio a modelos produtivos sustentables a través de diferentes programas e iniciativas, entre elas, a estratexia Eo Alimenta.

Ademais das achegas científicas  presentadas polas congresistas, a programación do encontró completarase mañá martes cunha visita xeolóxica á praia de Augas Santas ou das Catedrais, en Ribadeo, e un percorrido polo conxunto fabril de Sargadelos e pola cidade episcopal de Mondoñedo.

As persoas participantes no congreso achegaranse tamén ata a denominación de orixe e indicación xeográfica protexida da Faba de Lourenzá e participarán nunha cata de mel e nun encontro con representantes do Colectivo Gastronómico da Mariña.

ÚLTIMAS

Burela acolle cursos formativos para persoas estranxeiras e a preparación de probas oficiais

Burela acollerá dous cursos formativos dirixidos a persoas estranxeiras, organizados por Ecos do Sur....

ACISA integra hoxe os negocios da Praza de Abastos logo do acordo entre patronal local e Asociación de Praceiros

Acisa integra dende hoxe á Praza de Abastos de Ribadeo, tras a sinatura do...

O comité de empresa de Alcoa reclama unha reunión co Goberno ante a situación do sector do aluminio

O comité de empresa de Alcoa en San Cibrao, en Cervo, pide unha reunión...

Conferencia ‘A cova de San Xoán Vello: novas achegas desde a arqueoloxía’ en Viveiro

Mariña Patrimonio organiza para o vindeiro mércores 22 de abril, ás 20:00 horas, na...