InicioOrientalBarreirosRécord de participación na Carreira das Praias en Barreiros

Récord de participación na Carreira das Praias en Barreiros

A segunda proba do calendario, a XI Carreira das Praias, celebrouse o pasado domingo na praia de Coto e acadou unha cifra de participación récord con 400 persoas entre a andaina, as carreiras de menores e a proba absoluta.

Publicada o

- Advertisement -

O circuíto de carreiras populares +KmsBarreiros segue a medrar e a consolidarse como un referente nas carreiras populares da Mariña, Lugo e occidente Asturiano.

A segunda proba do calendario, a XI Carreira das Praias, celebrouse o pasado domingo na praia de Coto e acadou unha cifra de participación récord con 400 persoas entre a andaina, as carreiras de menores e a proba absoluta.

A clasificación xeral da carreira das praias:

Feminina:

  1. Lourdes López Villar
  2. Mónica Cabanela Ramudo
  3. María García Gómez

Masculina:

  1. Alberto Arias Freije
  2. Alfonso Rodríguez González
  3. Jonathan Fernández Ríos

A proba foi organizada pola Asociación Cultural e Deportiva Praias de Comado e contou coa colaboración do Concello de Barreiros, a Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo, a Secretaría Xeral para o deporte da Xunta de Galicia, da Peña Barcelonista San Miguel e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Barreiros.

Dani García, concelleiro de dinamización e participación veciñal, destacou a excelente acollida que están a ter as probas do circuíto: “A participación foi moi boa e é unha clara mostra de que o deporte popular e a posta en valor do noso entorno natural van da man. O circuíto de +KmsBarreiros estase consolidando coma unha ferramenta que nos permite promover hábitos saudables ao tempo que damos a coñecer espazos fermosos de Barreiros que fomentan o turismo desestacionalizado”.

Logo de habérense disputados 2 das 6 probas que ten o circuíto, as clasificacións amósanse moi reñidas polo que a emoción aumenta para a seguinte carreira que será a 1/2Km Vertical Monte Comado. Unha proba, cun percorrido de 4 km e un desnivel positivo de 500 metros, é das máis singulares e ofrece unhas vistas espectaculares da rasa costeira que non deixan indiferente a ninguén.

A clasificación xeral do circuíto:

Feminina:

  1. Lourdes López Villar – 500 Puntos
  2. Mónica Cabanela Ramudo – 425 Puntos
  3. Miriam Folgueira Rico – 360 Puntos

Masculina:

  1. Álvaro Pico Fernández – 354 Puntos
  2. David Manuel Martínez Rodil – 354 Puntos
  3. Oscar Murado – 348 Puntos

ÚLTIMAS

Expomar converte Burela en referente do mundo da pesca

A Fundación Expomar organizou esta semana en Burela as súas 33ª Xornadas Técnicas e...

Os retos da pesca analizados en Burela nas XXXIII Xornadas Técnicas de Expomar

O XXVII Encontro Empresarial e as XXXIII Xornadas Técnicas de Expomar celébranse este mércores...

A conselleira de Mar defende en Burela a sustentabilidade do sector pesqueiro galego

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, defendeu este xoves en Burela a sustentabilidade do...

Trabada busca financiamento para reparar a zona dos vestiarios do pavillón afectada polo incendio

O Concello de Trabada continúa traballando na recuperación da zona dos vestiarios do pavillón...