InicioOrientalBarreirosBarreiros recolle un remolque para a atención a emerxencias para Protección Civil

Barreiros recolle un remolque para a atención a emerxencias para Protección Civil

O Concello de Barreiros vén de recibir un remolque de atención a situacións de emerxencias que conta con material básico para utilizar nas intervencións como bombas para augas residuais, xeradores eléctricos, desbrozadores, torres de iluminación ou elementos de sinalización.

Publicada o

- Advertisement -

Representantes da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Barreiros, Agustín Rodríguez e Nita Rodríguez, e a alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida participaron hoxe no acto de entrega de equipamentos de emerxencias para Concellos con agrupacións de Protección Civil.

O Concello de Barreiros vén de recibir un remolque de atención a situacións de emerxencias que conta con material básico para utilizar nas intervencións como bombas para augas residuais, xeradores eléctricos, desbrozadores, torres de iluminación ou elementos de sinalización.

A alcaldesa, Ana Ermida, explicou “que se solicitou este remolque para tratar de complementar o material do que dispón o Concello para actuacións en casos de emerxencia, facilitando a labor das persoas que de xeito voluntario colaboran na agrupación.” A rexedora mostrou o seu agradecemento a esas persoas “que co seu traballo voluntario fan posible a atención a emerxencias no noso concello, pero tamén garanten o desenvolvemento e a seguridade de moitos dos eventos que se desenvolven en Barreiros e que, de non ser pola súa participación, sería inviable realizalos.”

Neste sentido, Ana Ermida lembrou a importancia de contar con este servizo nun concello pequeno e rural coma Barreiros, con persoas que coñecen o territorio e que moitas veces son as primeiras que chegan ante unha chamada de emerxencia; colaborando ademais con outros servizos para garantir unha mellor execución das actuacións.”

ÚLTIMAS

Rueda acusa a Pontón de criminalizar a Alfonso Villares: “Mandou a tomar vento a súa presunción de inocencia”

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, reprochou á portavoz nacional do BNG, Ana Pontón,...

ACISA Ribadeo galardoada co premio Nacional de Comercio Interior polo Ministerio de Economía

Acisa Ribadeo foi galardoada co Premio Nacional de Comercio Interior na categoría de Centros...

A Área de Servizos Sociais de Barreiros leva adiante un curso de formación para a inserción laboral

A área de Servizos Sociais do Concello de Barreiros, dirixida pola tenente de alcaldesa...

Un incendio no Vicedo deixa inhabilitado o Punto de Atención á Infancia

O Punto de Atención á Infancia do municipio do Vicedo sufriu un incendio na...